BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > Mini-Guia BB

Mini-Guia BB (thread closed)

Set priority
Show messages by
This Post:
00
76904.1
Date: 02/25/2009 08:55:46
Overall Posts Rated:
22
Índice

- Introdución (76904.2)

- ¿Que facer tan pronto se recibe o equipo?: (76904.3)

- Cousas a ter en conta: (76904.4)

- O que non debes facer: (76904.5)

- Adestramento: (76904.6)

- ¿Que adestramento escollo? (76904.7)

- ¿Cantas posicións e xogadores adestro? (76904.8)

- Planificación dos partidos: (76904.9)

- Elección das tácticas: (76904.10)

- ¿É bo invertir no draft? (76904.11)



Last edited by DunklerGeier at 02/26/2009 10:19:53

This Post:
00
76904.2 in reply to 76904.1
Date: 02/25/2009 09:00:44
Overall Posts Rated:
22
Introdución

O obxetivo deste fío é axudar a tódolos "managers" que comezan a coñecer un pouco máis o xogo. Evitar que cometan erros que moitos xa cometemos nos nosos primeiros días en BB, proporcionarlles unha pequena guía pra comezar a planificación do equipo e que lles sirva de base nas súas primeiras semanas.

É unha recopilación doutros fíos e opinións de usuarios que levan máis tempo xogando e que compartiron as súas experiencias nos foros, así que agradecemos a todos eles a sua contribución.

É importante ter en conta que a maioría das ideas e consellos están baseadas en opinións persoais dos "managers" que as propuxeron, así que hai que tomalas como unha orientación e non como unha lei que hai que cumprir ao pé da letra. Hai varios camiños pra progresar en BB, cada quen debe atopar o seu.

Agardamos poder engadir novas seccións máis adiante pra ir completando esta guía pouco a pouco.

Ao ser esta unha tradución dunha guía en castelán moitos fíos que enlazamos están tamén en castelán. Trataremos de ir traducíndoos en próximas datas.

Quero agradecer a Mod-Fotocopiator, autor da guía orixinal, pola mesma e pola súa axuda coa publicación, así como a Onire, pola súa revisión na busca de erros.


Last edited by DunklerGeier at 02/26/2009 09:09:36

This Post:
00
76904.3 in reply to 76904.2
Date: 02/25/2009 09:01:23
Overall Posts Rated:
22
¿Que facer tan pronto se recibe o equipo?

Ler as reglas: http://www.buzzerbeater.com/BBWeb/rules.aspx e o fío de preguntas habituais: (55805.1). Atoparás información moi útil e interesante que che axudará a comprender un pouco mellor a dinámica do xogo e tamén outros fíos importantes.

Botarlle un ollo aos teus xogadores, familiarizarse coas habilidades necesarias pra cada posición (55805.3), ver cales son os xogadores que poden considerarse adestrables e de que tipo son. Despedir ou poñer á venda os xogadores que non che resulten útiles, ata quedarte cunha plantilla duns 12-13 xogadores.

Tratar de gastar o menos posible ao principio. A axuda de 50.000 dura só 4 semanas e, cando se remata, nótase. Hai que apretar o cinto ata que a economía se equilibre e se dispoña de máis ingresos, con vendas e con recadacións máis altas.

Escoller un tipo de adestramento e fichar xogadores novos, de 18-19 anos,pra as posicións que teñas pensado adestrar, que se unan aos que xa teñas. O mellor pra comezar é intentar adestrar a 5 xogadores.

Contratar un novo corpo técnico. En principio o maior esforzo debe facerse no adestrador. Hai que tratar de contratar un de nivel 4-5 sen especialidade. Éche a mellor inversión que podes facer, pero tratando de non "cebarse" nas poxas. En canto ao médico e ao relacións públicas, con uns de nivel 2-3, pra comezar é máis ca suficiente. Neste caso sií é máis interesante que teñan especialidade, pero como xa comentamos pra o adestrador, sen pagar precios excesivos.


Last edited by DunklerGeier at 02/26/2009 09:13:24

This Post:
00
76904.4 in reply to 76904.3
Date: 02/25/2009 09:02:19
Overall Posts Rated:
22
Cousas a ter en conta:

- Os xogadores que veñen de HT teñen unhas ideas preconcebidas que poden resultar equivocadas, pra axudar a cambiar o "chip", este post de LA-Ebustelo pode ser de moita axuda: (17509.1)

- A ALTURA dos xogadores non influe no desenvolvemento do xogo. Un xogador de 1'80 con prolífico rebotes e defensa interior será mellor pivote que un de 2'21 coas habilidades en respetable. Do mesmo xeito, un xogador con robusto manexo e pases será mellor base que un de 1'85 con manexo e pases regular (o resto de habilidades iguais).

- A ALTURA dos xogadores si influe no adestramento. Os xogadores máis altos adestrarán máis rápido as habilidades específicas dos interiores e os máis baixos as dos exteriores.

- A pesar de que hai habilidades máis importantes que outras, todas inflúen no xogo. Por exemplo, un moi bo pivote con manexo e pases nefasto pode perder unha cantidade de balóns que poden resultar decisivo no transcurso do partido.

- Pra que un xogador adestre ao 100% ten que xogar polo menos 48 minutos nunha posición adestrada (exceptuando os adestramentos en tiros libres, resistencia e forma, nos que non influe o número de minutos). Pra manter unha forma entre robusto-excelente, tamén é convinte que non xoguen máis de 80 minutos semanais (independentemente da posición na que xogasen esa semana).

- Os xogadores sen defensa son moi perigosos. Si o rival ataca por o teu lado feble, poden ser un coadeiro ou cargarse de faltas moi pronto e xogar poucos minutos. Hai partidos que se perden porque un base non ten defensa interior ou porque o AP é nefasto en defensa exterior.

- A resistencia e os tiros libres tamén son importantes. En finais apretados, fallar tiros libres pode ser fatal. Se os xogadores andan mal de resistencia, baixará o seu rendemento conforme xoguen minutos e ademáis serán sustituídos antes, co que si os xogadores suplentes son moito peores, o nivel do equipo pode chegar a baixar bastante.

- Hai varios foros de axuda onde podes solicitar que te guien e/ou aconsellen. Se nas regras ou nos fíos que xa están abertos non encontras a solución as túas dúbidas, utilizaos sempre que os necesites:
Foro de axuda en galego: http://www.buzzerbeater.com/BBWeb/Forum/read.aspx?folder=...
Foro de axuda en castelán: http://www.buzzerbeater.com/BBWeb/Forum/read.aspx?folder=...

Last edited by DunklerGeier at 02/26/2009 09:16:19

This Post:
00
76904.5 in reply to 76904.4
Date: 02/25/2009 09:03:31
Overall Posts Rated:
22
O que non debes facer:

- Adestrar xogadores que non sexan novos ou que non teñan un nivel mínimo, é perder tempo e un posto que pode aproveitar mellor outro xogador

- Gastar ao tolo. Ao principio é dificil gañar diñeiro, co que non convén tiralo.

- Subir moito o prezo das entradas. Unha das maiores fonte de ingresos ao principio chega das recadacións. Se se sube moito o prezo teranse baixas asistencias de público e gañarase menos. Ademais, como só se poden cambiar de mes en mes, non será fácil de resolver o erro. O mellor é subir o prezo progresivamente según se vaian enchendo as distintas localidades.

- Gastar moito en ampliar o pavillón. Ao comezar é moi difícil enchelo, así que é mellor utilizar o diñeiro noutras cousas máis necesarias e/ou produtivas. O que si se pode é poñer 3 ou 4 palcos e unhas 20 tribunas máis, sempre que se ande ben de diñeiro e se resolvan o resto de problemas. Son localidades que si se empezan a rentabilizar pronto.

- Fiarse a cegas das posicións de referencia do xogo. Que un xogador sexa ala non significa que non poida xogar de escolta ou pivote, por exemplo. Todo dependerá das necesidades deportivas do equipo, do estilo de xogo e de se se quere que adestren noutra posición esa semana.


Last edited by DunklerGeier at 02/26/2009 09:19:56

This Post:
00
76904.6 in reply to 76904.5
Date: 02/25/2009 09:06:20
Overall Posts Rated:
22
Adestramento

Nestos fíos pódese un facer unha idea xeral sobre o adestramento: (55805.4) y (55805.5). Veñen ben pra saber que se adestra con cada opción e as respostas ás pregunta máis habituais.

O que é moi importante ter en conta, é que pra que un xogador adestre ao 100%, ten que xogar ao menos 48 minutos nalgunha posición que se adestre esa semana. Eso quere dicir, que se tes posto adestramento de tiro interior na posición de pivot, pra que un xogador adestre ao 100% ten que xogar 48 minutos como mínimo na posición de pivot.

A velocidade de adestramento depende básicamente, ademais disto, da idade do xogador (canto máis novo máis rápido adestra), do nivel do adestrador, do número de posicións adestradas, do adestramento elixido e do nivel ao que estean outras habilidades relacionadas coa que se adestra.

Nalgúns adestramentos tamén pode influir a altura do xogador, co que é fundamental fixarse ben na altura antes de fichar un adestrable por si esto pode supoñer un “handicap” que retarde a sua progresión. En xeral, os xogadores altos adestrarán de forma máis lenta habilidades exteriores e os baixos as interiores. Pódese considerar alto un xogador cunha estatura superior a 2'03 e baixo cunha estatura inferior a 1'98, aproximadamente.

Outro factor que influe na velocidade de adestramento é o potencial do xogador, aínda que o fai a moi longo prazo. Unha vez que un xogador acada o seu máximo potencial, a velocidade de adestramento redúcese de forma drástica, polo que, agás en casos moi concretos, como poden ser os xogadores internacionais, non adoita compensar seguir adestrando estes xogadores. Pra un equipo que comeza non debe ser motivo de preocupación que os seus adestrables non teñan alto potencial (aínda que non é recomendable que sexa menor de "6º Home"). É dificil que acaden o seu tope antes dun par de tempadas. Si se conseguen xogadores MVP ou Salón da fama, mellor que mellor, pero non é imprescindible.


Last edited by DunklerGeier at 02/26/2009 09:24:04

This Post:
00
76904.7 in reply to 76904.6
Date: 02/25/2009 09:07:04
Overall Posts Rated:
22
¿Que adestramento escollo?

Está é unha das claves de toda a planificación do equipo. A elección do adestramento determina que tipo de xogadores se fichan pra posicións non adestrables, ademais de que xogadores se van fichar pra adestrar. Non é algo fixo e inmutable, co tempo pódese pasar de adestrar interiores a exteriores (ou viceversa), pero merece a pena pensalo ben antes de tomar unha decisión.

Adestrar interiores ten a vantaxe de que se necesitan menos habilidades principais. Prácticamente básanse en 3, tiro interior, defensa interior e rebotes (xa que o adestramento de tapóns non é moi popular, a pesar de que axuda a defensa do xogador e non parece ter unha gran influencia). A desvantaxe é que os soldos destes xogadores subirán moito ao final de temporada, co que pode facerse difícil mantelos se non se sube de categoría ou se non se aumentan os ingresos.

Adestrar exteriores ten a vantaxe de que os soldos non se disparan tanto, sen embargo, son 6 as habilidades que adoitan considerarse principais, o que fai que o seu adestramento sexa un pouco máis complicado se se buscan xogadores completos e non especialistas.

Os alas son un caso aparte, necesitan ser xogadores moi completos. Non é aconsellable o seu adestramento ao comenzar o xogo salvo que se teña un futuro "megacrak" na plantilla ao que lle veña ben adestrar tanto por fóra como por dentro.



Last edited by DunklerGeier at 02/26/2009 10:19:15

This Post:
00
76904.8 in reply to 76904.7
Date: 02/25/2009 09:08:32
Overall Posts Rated:
22
¿Cantas posicións e xogadores adestro?

Adestrar 3 posicións é moi lento, adestrar só unha é convinte se falamos de xogadores que teñen futuro nunha selección ou en casos excepcionais nos que interese máis a velocidade de adestramento que a cantidade de xogadores adestrados. Pra comezar, o máis fácil é adestrar dúas posicións.

O numero de xogadores máximo que se poden adestrar ao 100% de esta forma é 6. Pra que isto sucedese terían que xogar cada un un partido enteiro sen suplentes nin reservas. É bastante complicado que suceda, xa que por problemas de faltas ou lesións, pódese quedar algún do camiño. Ademáis, dende o punto de vista deportivo, esta opción soe ser perxudicial, xa que é difícil ter a 4 xogadores do mesmo nivel pra os partidos de liga. Para os que queiran adicar unha temporada exclusivamente ao adestramento, non é mala opción.

Adestrar 5 ten algunha complicación, pero non adoita ser difícil conseguilo si se van combinando aos xogadores en función dos minutos que van xogando. Parece ser a mellor opción en función da dificultade e os criterios deportivos.

This Post:
00
76904.9 in reply to 76904.8
Date: 02/25/2009 09:09:10
Overall Posts Rated:
22
Planificación de los partidos

Á hora de elexir unha táctica tanto ofensiva como defensiva hai que considerar tanto as características dos nosos xogadores como as do equipo rival, así como con qué tácticas soe xogar, qué xogadores fan máis dano nos seus partidos, onde están os seus puntos febles.

É importante no generalizar e utilizar "contratácticas" se non estamos preparados para elo. Se o noso rival defende cunha 2-3, a primeira vista parece que o mellor ataque sería cunha táctica exterior (Movemento ou Correr e lanzar), pero se os nosos exteriores son pésimos en tiro é alcance de tiro, non ten moito sentido usar estas tácticas.

As calificacións axudan a ver puntos fortes e débiles dun equipo, pero poden levar a engano. Hai demasiadas cousas que influen e a veces podémonos levar un disgusto se nos fíamos exclusivamente delas. É importante fixarnos nas actuacións individuais dos xogadores e dos rivais aos que se enfrontan.

This Post:
00
76904.10 in reply to 76904.9
Date: 02/25/2009 09:10:22
Overall Posts Rated:
22
Elección das tácticas

O primeiro é deixar claro que cada partido e cada rival son un mundo, polo que hai que tomar esta sección como algo xeral. Como xa se dixo antes, a táctica perfecta non existe, aparte de que cada equipo pode funcionar mellor con tácticas diferentes. Para atopar máis información sobre as mesmas: http://www.buzzerbeater.com/BBWeb/rules.aspx?nav=Tactics

Moi importante: Qué unha táctica teña un enfoque interno non significa necesariamente que o AP e o pivote vaian realizar a maioria dos tiros. Se están ben defendidos ou se os exteriores teñen as habilidades axeitadas e peores defensas enfrente, o base ou o escolta poden xogarse moitos tiros con bos ou malos resultados. O mesmo se pode dicir dos enfoques externos.

En defensa tamén é moi importante que, independentemente do nome que se lle de, cada xogador defenda o seu par. As diferentes tácticas o que farán e que a súa defensa sexa máis forte ou feble por un lado ou por outro.


Ataque

Ataque Base: É a táctica estandar. Distribue equitativamente os ataquescunha velocidade de xogo normal. É pouco utilizada, pero pra equipos equilibrados pode ser unha moi boa opción.

Mover o balón: Tamén se distribue o ataque ás duas zonas, pero cunha velocidade máis rápida que co ataque base. Produce máis tiros, así que un bo rebote, bos ataques e boa resistencia deberían aproveitala mellor.

Paciencia: A táctica oposta a "Mover o balón". Ten un ritmo lento pra tratar de atopar mellores opcións de tiro e apurar a posesión. Prodúcense menos tiros e se non se ten un bo movemento ofensivo pode que a maioria dos ataques se produzan agotando a posesión de 24 segundos.

Mirar Adentro: Nesta táctica a maioría dos tiros faranse cerca da canasta. Ten un ritmo algo rápido, co que se farán bastantes tiros. Ademáis de bos xogadores interiores, pode ser fundamental que os exteriores teñan bo nivel de prenetración.

Poste Baixo: Igual que "Mirar Adentro", pero cun ritmo moito máis lento. Menos tiros pero, en teoría, mellor selecionados.

Movemento: Enfoque exterior cun ritmo normal. Máis tiros dende a liña de triplas e dende fora da zona.

Correr e Lanzar: Enfoque exterior cun ritmo moi rápido. Moitos tiros dende a liña de triplas e moita velocidade. Os ataques son vertixinosos e adoitan durar poucos segundos. Ademáis de grandes tiradores, é conveniente ter bo rebote e boa resistencia, xa que os xogadores cansanse antes.

Princeton: É un pouco descoñecida. Ten un ritmo baixo e básase en tiros dende a liña de triplas e canastas baixo o aro. É apta pra moi poucos equipos. Un bo movemento ofensivo e bos atacantes en todas as posicións parecen fundamentais pra sacarlle o máximo proveito.

Defensa

Individual: A defensa estandar. Esta táctica trata de parar os dous ataques sen definirse nin descoidar ningún aspecto.

Zona 2-3: Incrementa a defensa interior e os rebotes, pero deixa descuberta a defensa exterior. Moi útil contra equipos que ataquen por dentro ou que teñan malos ataques exteriores.

Zona 3-2: Incrementa a defensa exterior e baixa a defensa interior. Ideal contra equipos exteriores cando non queremos debilitar demasiado a defensa interior nin o rebote.

Zona 1-3-1: Táctica extrema contra os equipos exteriores que aumenta de xeito espectacular a defensa exterior pero baixa tamén en gran medida os rebotes e a defensa interior. Si se ten un moi bo rebote e a total seguridade de que o contrario vai atacar por fora, é unha moi boa táctica, en caso contrario, é mellor optar por a 3-2.

Presión a toda cancha: Táctica que se basa nos roubos de balón a cambio de baixar a defensa (sobre todo a interior) e os rebotes. Boa opción, sobre todo, si o rival ten un mal movemento ofensivo e os teus xogadores teñen unha boa resistencia. Moitas veces xógase a desesperada contra rivais moi superiores.


Last edited by DunklerGeier at 02/25/2009 09:10:59

This Post:
00
76904.11 in reply to 76904.10
Date: 02/25/2009 09:11:50
Overall Posts Rated:
22
¿É bo invertir no draft?

Invertir no draft non asegura que se vaia a conseguir un gran xogador pra o noso futuro, nin un "crack" polo que nos vaian a pagar unha millonada. A inversión o único que fai é aumentar as posibilidades de conseguir un bo xogador. Outro dos factores principais é estimar en que posto vamos escoller ao final da tempada, xa que unha vez estimado podremos decidir canto diñeiro estamos dispostos a gastar neste apartado supoñendo que as nosas previsións se cumpren.

Se partimos do feito de que unha gran parte dos equipos que comezan adoitan ter problemas económicos e non están pra moitos gastos, parece que as opcións de invertir 20.000 ou 40.000 a semán son pouco aconsellables. Como cada equipo é diferente, unha das funcións do "manager" será decidir canto está disposto a gastar. Unha boa opción si se colle o equipo a principio da temporada é comezar invertindo 5.000 a semana e en función de como vaia a nosa economía, deixar de invertir ou aumentar a inversión si ademáis creemos que vamos a ser dos primeiros a escoller.

Máis información sobre o draft: http://www.buzzerbeater.com/BBWeb/rules.aspx?nav=Draft (55805.10)