BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup IV

[GAL] Galiza Cup IV

Set priority
Show messages by
This Post:
00
59976.3 in reply to 59976.2
Date: 11/21/2008 21:34:23
Overall Posts Rated:
891891
Final

Debido á ampliación do formato, a final ten que disputarse durante os PlayOff oficiáis, polo que a data pode oscilar. Isto quere dicir que os dous finalistas terían que acordar unha data para xogar a final, xa que se un queda de 5º e outro xógase os descenso, non sería un encontro xusto. De todalas maneiras, como último recurso, a final sempre se podería xogar no derradeiro amigábel da tempada, cando os PlayOff xa rematasen.

Por outra banda, se os dous finalistas queren poderíase xogar ao mellor de tres encontros. Terase que falar no momento e ver o que máis lle convén aos dous equipos implicados.

Calendario

Mércores 22 de novembro --> Apertura da Inscripción
Martes 16 de decembro --> Peche da Inscripción
Venres 19 de decembro --> Sorteo da 1ª Liguilla
Xoves 25 de decembro--> Primeiro encontro da 1ª Liguilla
Xoves 1 de xaneiro --> Segundo encontro da 1ª Liguilla
Xoves 8 de xaneiro --> Terceiro encontro da 1ª Liguilla
Verner 9 de xaneiro --> Sorteo da 2ª Liguilla
Xoves 15 de xaneiro --> Primeiro encontro da 2ª Liguilla
Xoves 22 de xaneiro --> Segundo encontro da 2ª Liguilla
Xoves 29 de xaneiro --> Terceiro encontro da 2ª Liguilla
Venres 30 de xaneiro --> Sorteo da Final Four
Xoves 5 de febreiro --> Semifináis

Como xa mencionei anteriormente, a final pode variar así que non a engado no calendario.

Encontros

Os encontros, como xa saberedes, xogaránse os xoves, nos amigábeis. O equipo que figure como local será o encargado de retar, e o visitante deberá estar atento para aceptar o reto. O luns a mediodía a máis tardar, o reto terá que estar feito polo equipo local, e o martes ao mediodía deberá estar aceptado polo visitante. Se se incumplen as datas, se o equipo que está a agardar o solicita, o encontro lle será dado por gañado por 25 - 0 e poderá buscarse outro amigábel para non perder o adestramento. Tamén é posíbel que o que figura como visitante faga o reto, pero neste caso terá que facelo para xogar fóra da casa, no pavillón do equipo que figura como local.

Premio

E chegamos á parte suculenta da Galiza Cup... Ai non, aquí non hai diso!!!

O maior premio que vos podemos ofrecer e pasar un bo anaco connosco, non ter que andar moi preocupado por ter que buscar un amigábel e o dereito a fachendear (fardar ou flipar dependendo do lar) un bo anaco se te alzas ca coroa. Polo de agora só Litur, Pepe Beltrán e Matxone acadaron o seu oco na historia dos equipos galegos... Serás ti o seguinte???

Benvidos a esta cuarta Galiza Cup. Sentídevos coma na casa e pasade un bo anaco con nós. Se alguén ten algunha dúbida, suxestión ou queixa, pode dicilo neste mesmo fío ou, se o prefire, por BB-mail a min.

Unha aperta a todos e grazas pola vosa participación.

This Post:
00
59976.4 in reply to 59976.3
Date: 11/21/2008 21:34:51
Overall Posts Rated:
891891
Historia da Galiza Cup

Se ben é certo que a andaina da Galiza Cup non é moi longa, non está de máis comezar xa a acumular os datos das edicións, e así teremos un fermoso recordo das primeiras edicións.

Primeira edición

Xa case con nostalxia podemos ollar o primeiro fío da Galiza Cup (13967.1). Mensaxe que por certo comeza cunha petición de desculpas porque daquela non se podía falar galego nos foros... Que cabreo collera...

Unha primeira edición que foi montada un pouco sobre a marcha, pero que ao final saíu bastante ben, a única pega que tivo é que quedou bastante xente fora... Unha mágoa. Afortunadamente agora xa comezamos co formato definido, e temos a experiencia destas edicións na organización, que nos axuda a evitar erros.

Campión --> Litur – Chorima Basket – (75749)
Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Final --> (3997474)


Segunda edición

Esta segunda edición xa foi bastante máis doada dende a organización, primeiro pola experiencia adquirida na primeira edición, e segundo pola colaboración na organización que prestou Litur. Se ve que lle colleu apego á Galiza Cup que non se puido librar dela. Tamén temos no arquivo o enlace ao fío, (31544.1)

Edición que ampliou un chisco máis o formato, pero inda así insuficiente. Foi outro erro máis para o saco da experiencia. Tamén foi a edición na que se implantou o método dos enchufados.

Campión --> Pepe Beltrán - Jericho B.C. – (75692)
Subcampión --> Kelepol – Celtics de Coia – (76267)
Final --> (6230309)

I Cunca dos Labregos

En paralelo a segunda edición da Galiza Cup, naceu esta outra competición coa idea inicial de dar cabida a aqueles equipos que non tiveron sitio na GC. Nesta primiera participación formáronse dous grupos de catro equipos que loitaron por convertirse nos primeiros en levarse o trofeo.

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> cruiss - C.B. Skalda - (42876)
Final --> (6054980)


Terceira edición

Esta edición pasará case que de seguro á historia da Galiza Cup por ser a edición dos comités. E é que foron moitos os encontros que deron problemas, e en cada un deles houbo unha investigación e unha resolución. Á marxe dos problemas no peche dalgúns encontros, hai que salientar que de novo nesta edición se ampliou o formato, ata un total de 40 equipos participantes, incluíndo os 8 enchufados. Tamen hai que salientar a colaboración impagábel de Litur. Como non, conservamos o enlace ao fío, (45869.1).

Campión --> Matxone - Juanito Caminante - (76841)
Subcampión --> Kelepol - Celtics de Coia - (76267)
Final --> (8249241)

II Cunca dos Labregos

This Post:
00
59976.5 in reply to 59976.4
Date: 11/21/2008 21:35:42
Overall Posts Rated:
891891
Clasificación Histórica por Galiza Cup Stats

Nome ----------------------------- Equipo ---------------- GCStats
Litur ------------------------- Chorima Basket -------------- 198
Alexenko --------------- Universidad de Cambre --------- 169
kelepol ---------------------- Celtics de Coia --------------- 165
LA-Souto -------------------- Galiza Celtics ---------------- 151
GZ-xexu ---------------------- Maure Team ---------------- 148
OReiDasCanastas --- Labazadas in Your Face S.A. ---- 133
Shanty ----------------------- C.B. Sotonera -------------- 112
Pepe Beltrán ------------------ Jericho B.C ---------------- 110
LA-Diebro -------------------- Lavacolla B.C --------------- 108
Oyagun --------------------------- Ktulu --------------------- 99
albarello-lnc ------------- Touland Trail Blazers ------------ 99
DevillX -------------------------- Raxo City ------------------ 85
Juanito Caminante ------------ Matxone ------------------- 85
Afarensis ------------------ Ferrol Destroyers ------------- 81
Ivanff ------------------------- Forza Breo ------------------ 79
Hamlet29 ---------------- Gallegos Medievais -------------- 78
Cans de Palleiro ------------ Sapoconcho ------------------ 75
miki_zar ------------------- Chacaritas Team --------------- 71
DunklerGeier --------------- Ourense Bulls ----------------- 70
cruiss ------------------------- C.B. Skalda ------------------ 65
Xosesinho ---------------- Tropa do Carallo ---------------- 64
Sozap86 ------------- Bergondo Sperm Whales ----------- 60
pepiño ------------------------ Corrichos --------------------- 53
Giovanella ------------- Irmandades da fala NG ----------- 41
Mjorgan ---------------------- Garfunkel --------------------- 37
Carracillo --------------------- Carracillo --------------------- 34
Viña Costeira ---------------- Tonhocid ---------------------- 32
Chikichikies ---------------------- Noel ------------------------ 32
Sete stars ------------------- Stas ke si ---------------------- 32
Escairón --------------------- Platanito21 -------------------- 32
Diplococo Team ------------- Jpergom ----------------------- 29
Alex Lamela ------------- C.B. Todoporelaro ---------------- 27
Celta de Vigo ----------------- Natx0 ------------------------- 27
CastelaoGZ --------------- CastelaoGZ ---------------------- 27
Pontepedriña ------------- An Pensado ---------------------- 27
Los putos amos ------------- Lafita99 ------------------------ 27
Xubia basket ----------------- Xoanp -------------------------- 27
CB Muradan --------------- El facass ------------------------- 27
david campos ------------- Breogan -------------------------- 26
Berenguela ----------------- Outeiro -------------------------- 26
Mesoiro Basket -----------nandotas77 ----------------------- 26
Cazador ----------------- St. Gallen Club ---------------------18
Crrremas ---------------- Rastapastovic ---------------------- 16
realinho ------------------- Rio Sor C.S. ----------------------- 15
Calvario Mavericks ------- Martinez -------------------------- 15
Arenazero -------------------AnubiS --------------------------- 15
Os fumetas de lars ----- Pequeno lars ----------------------- 14

Con 5 Galiza Cup Stats

jaime69 - Xanita Basket
garrido - Orense Heat
chamallex - Castreloswolf Changas
dieginho_7 - C.B. Vila de Meira
candaira - L.A. Chaikers
breogan - LeiteRíoBreogan
deivy_57 - Leite Ron Breogan
toninho - Celta Vigo Urban
kikeiglesias - ¡¡ Viva el Rey !!
Chantada Octopus - Cernicalo89
PioXII CB - Henricovic
jako0b0 - Liberation

Con -10 Galiza Cup Stats

Cuervos negros - Roiko
C.B. Lobelle - Markosevic

*Nota: Segundo me informou Litur, que é o encargado do reconto das GCStats, había un pequeno erro nas GCStats das pasadas edicións, que xa foi corrixido

Last edited by Alexenko at 12/08/2008 11:43:15

This Post:
00
59976.6 in reply to 59976.5
Date: 11/21/2008 21:37:30
Overall Posts Rated:
891891
Galiza Cup Stats

De seguido teredes unha lista ca cantidade de Galiza Cup Stats que se obteñen por cada acción!

Inscribirse -----------------------------> 5
Participación --------------------------> 15
Non Retar -------------------------------> -10
Non Aceptar o Reto -------------------> -10
Partido Gañado na 1ª Liguilla --------> 3
Partido Perdido na 1ª Liguilla --------> 2
Clasificarse Liguilla como 1º --------> 6
Clasificarse Liguilla como 2º ---------> 4
Partido Gañado na 2ª Liguilla --------> 5
Partido Perdido na 2ª Liguilla ---------> 3
Clasificarse Liguilla como 2º ---------> 10
Semifinalista da GC -----------------> 25
Subcampión da GC ----------------> 35
Campión da GC --------------------> 50

Message deleted
From: Southo

This Post:
00
59976.8 in reply to 59976.2
Date: 11/22/2008 00:12:27
Overall Posts Rated:
11
Galiza Celtics - LA-Souto (76172)

This Post:
00
59976.9 in reply to 59976.6
Date: 11/22/2008 05:32:31
Súria Lakers
IV.32
Overall Posts Rated:
30543054
Second Team:
Súria Lakers II
Molta sorte do novo...

Lo he escrito bien? xDDD

Last edited by LA-Gerard (g3rjo) at 11/22/2008 05:32:40

PKT desde la Temporada 4



Para ver la imagen en mayor tamaño:
(https://i.postimg.cc/mDhxMLDX/e3700169252f336ab3c187ad4773...)
This Post:
00
59976.10 in reply to 59976.9
Date: 11/22/2008 06:18:08
Extreme Kings
IV.32
Overall Posts Rated:
821821
Second Team:
Red Vintage
Casi casi...en vez de molta,moita.

This Post:
00
59976.11 in reply to 59976.10
Date: 11/22/2008 06:32:48
Súria Lakers
IV.32
Overall Posts Rated:
30543054
Second Team:
Súria Lakers II
ok, bueno, la proxima vez, miraré un traductor

PKT desde la Temporada 4



Para ver la imagen en mayor tamaño:
(https://i.postimg.cc/mDhxMLDX/e3700169252f336ab3c187ad4773...)
This Post:
00
59976.12 in reply to 59976.11
Date: 11/22/2008 06:46:37
Extreme Kings
IV.32
Overall Posts Rated:
821821
Second Team:
Red Vintage
Te estaré vigilando!!xD

From: litur

To: Noel
This Post:
00
59976.13 in reply to 59976.12
Date: 11/22/2008 07:06:00
Overall Posts Rated:
486486
Xa estamos de volta. O torneo decano comeza a súa cuarta edición. Empezamos dende este pequeno recuncho da Península Ibérica, con este tipo de torneos e agora Cataluña, Andalucía e Canarias xa teñen a súa Copa. Por suposto que estarei ao carón de Alexenko para pedir a súa dimisión, digo para botarlle unha man.

A copa busca dono e ese podes ser ti. Non o dubides: inscríbite.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
Advertisement