BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup V

[GAL] Galiza Cup V

Set priority
Show messages by
This Post:
00
80077.1
Date: 03/08/2009 01:04:15
Overall Posts Rated:
891891
GALIZA CUP V

Xa case como unha tradición máis, comeza a tempada e agardamos a que a nosa raíña nos chame para probar a nosa lealdade. Como non podía ser doutro xeito, aquí está de novo reclamando a nosa participación. Tamén, como non podía ser doutro modo, contarei ca impagábel colaboración de Litur, que, todo sexa dito, está a piques de se converter nun superpapá... Quen o verá cun biberón en cada mao atendendo as súas criaturiñas!!!

Tamén vos quero recordar que, na conferencia Axuda - Galego, tendes aberta a nosa tasca, O Fogar de Breogán (42300.1), onde estades convidados todos a tomar algo e compartir lume e anécdotas. Os participantes da Galiza Cup teñen todo gratis, menos Miki_zar, que el só agota existencias...

Participantes

Non nos imos pór estrictos agora, non? Coma sempre, para participar o único que fai falla é apuntarse. Compre dicir que a lingua oficial da organización do torneo será o galego, polo tanto é recomendábel ter un bo coñecemento do galego, para non ter problemas. Obviamente non faremos discriminacións, e se alguén precisa axuda, sempre poderá pedir que lle pasemos a información en castelán por privado.

Inscripcións

Para anotarse nesta segunda edición da Galiza Cup, o único que tes que facer é dicilo neste fío. Non se admitirán inscripcións por BB-mail, nin a min nin a Litur, xa que dá máis choio e habería que pórse a ordenar as inscripcións. Polo tanto, a única forma de inscribirse e dicíndoo neste fío, calquera outra forma non terá validez.

Prazo de Inscripción

O prazo de inscripción comeza xa mesmo e remata o 24 de marzo, así que tedes algo máis de dúas semanas para anotarvos... O último paga as cañas!

This Post:
00
80077.2 in reply to 80077.1
Date: 03/08/2009 01:07:35
Overall Posts Rated:
891891
Formato do Torneo

Esta tempada retomamos outra das nosas máis ancestráis tradicións: fedellar! Dende a organización estamos pensando en trocar algunhas cousas, que xa vos resumiremos máis adiante.

A duración total da Galiza Cup voltará a ser de 8 semanas. Como xa sabedes, na primeira fase faranse un mínimo de catro grupos de catro, ca posibilidade de amplialo ata un máximo de 8 grupos para dar cabida a tantos equipos como sexa posíbel.

Tamén permitídeme recordarvos que temos os 8 enchufados:

Para facer que ningún equipo quedase fóra da Galiza Cup por mor de seguir na Copa de España, creamos o concepto dos 8 enchufados. Estes 8 enchufados pasarán directamente á segunda fase do Torneo, e así terán unha marxe de 3 semanas máis para caer da Copa.
Os 8 enchufados serán escollidos da seguinte maneira:

1.- Os equipos que sigan na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.
2.- Os equipos que non estén na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.

Desta maneira, a Galiza Cup levaríase a cabo en tres etapas.

1ª Liguilla

No canto dos catro grupos de antes, ampliaremos o número de grupos a tantos como sexa posíbel, ata un máximo de 8, e cun mínimo de 4. Iso si, é condición indispensábel que os grupos estean completos, non poderiamos facer ningún grupo de 3 ou 2.

Destos grupos pasarán en total 8 equipos. Dependendo do número de grupos, poden pasar máis ou menos equipos por grupo. Se hai catro grupos, pasarían o primeiro e o segundo de cada grupo. En caso de que houbese máis de catro grupos, pasarán os primeiros de grupo, e os mellores segundos ata completar o número de prazas, é dicir, ata que sexan 8 equipos.

Compre dicir que, en caso de empate entre dous equipos, mirarase o basketaverge particular, e en caso de empate entre tres ou catro, o xeral. Avisados quedades.

*Nota: Dependendo do resultado da votación, é posíbel que troque lixeiramente o modo de desempate. Máis información máis adiante, no post da "enquisa" (80077.8)

O sorteo realizarase tomando "cabezas de serie", polas xa antes mencionadas GCStats. Por se alguén ten a dúbida, resérvome o dereito Urdazi (manipular e terxiversar ao meu antollo todo canto me pete e máis).

2ª Liguilla

Practicamente idéntica á primeira, e é aquí cando se "acoplan" os 8 enchufados. Catro grupos de catro equipos. En cada grupo haberá un campeón de grupo da primeira liguilla, un subcampeón de grupo da primeira liguilla (que non xogase no mesmo grupo co campeón), e dous enchufados, todo por riguroso sorteo ao que só asistirei eu e a miña cadela se ten sorte.

En caso de que algúns dos 8 enchufados seguise disputando a Copa de España, o seu lugar sería ocupado polos seguintes enchufados dispoñíbles, e despois miraríanse os mellores clasificados da primeira liguilla, atendendo aos partidos gañados en primeiro lugar, e ao basketaverage despóis. Como sei ben de que estades feitos, por se dous ou máis equipos obtivesen exactamente os mesmos números, faríase un sorteo e que o azar decida quen pasa (de novo resérvome o dereito Urdazi).

Nesta 2ª Liguilla, só se clasificará o campeón, polo que o boleto para a fase final estará o dobre de caro.

*Nota: Dependendo do resultado da votación, é posíbel que troque lixeiramente o modo de desempate. Máis información máis adiante, no post da "enquisa" (80077.8)

Final Four

Duas semifináis entre os catro campeóns dos grupos da segunda liguiña, unha vez máis decididos os emparellamentos por sorteo. Só un encontro e os dous gañadores pasarán á ansiada final.

Os dous semifinalistas que perderan, se queren poden xogar o encontro do "Terceiro e Cuarto Posto".

Last edited by Alexenko at 03/08/2009 10:38:51

This Post:
00
80077.3 in reply to 80077.2
Date: 03/08/2009 01:11:34
Overall Posts Rated:
891891
Final

Debido á ampliación do formato, a final ten que disputarse durante os PlayOff oficiáis, polo que a data pode oscilar. Isto quere dicir que os dous finalistas terían que acordar unha data para xogar a final, xa que se un queda de 5º e outro xógase os descenso, non sería un encontro xusto. De todalao xeitos, como último recurso, a final sempre se podería xogar no derradeiro amigábel da tempada, cando os PlayOff xa rematasen.

Por outra banda, se os dous finalistas queren poderíase xogar ao mellor de tres encontros. Terase que falar no momento e ver o que máis lle convén aos dous equipos implicados.

Calendario

Domingo 8 de marzo --> Apertura da Inscripción
Martes 24 de marzo --> Peche da Inscripción
Venres 27 de marzo --> Sorteo da 1ª Liguilla
Xoves 2 de abril --> Primeiro encontro da 1ª Liguilla
Xoves 9 de abril --> Segundo encontro da 1ª Liguilla
Xoves 16 de abril --> Terceiro encontro da 1ª Liguilla
Verner 17 de abril --> Sorteo da 2ª Liguilla
Xoves 23 de abril --> Primeiro encontro da 2ª Liguilla
Xoves 30 de abril --> Segundo encontro da 2ª Liguilla
Xoves 7 de maio --> Terceiro encontro da 2ª Liguilla
Venres 8 de maio --> Sorteo da Final Four
Xoves 14 de maio --> Semifináis

Como xa mencionei anteriormente, a final pode variar así que non a engado no calendario.

Encontros

Os encontros, como xa saberedes, xogaranse os xoves, nos amigábeis. O equipo que figure como local será o encargado de retar, e o visitante deberá estar atento para aceptar o reto. O luns a mediodía a máis tardar, o reto terá que estar feito polo equipo local, e o martes ao mediodía deberá estar aceptado polo visitante. Se se incumplen as datas, se o equipo que está a agardar o solicita, o encontro lle será dado por gañado por 25 - 0 e poderá buscarse outro amigábel para non perder o adestramento. Tamén é posíbel que o que figura como visitante faga o reto, pero neste caso terá que facelo para xogar fóra da casa, no pavillón do equipo que figura como local.

Responsabilidades nos Retos

No caso de que o reto non se peche correctamente, aquí vos deixo a mellor forma de actuar:

Se o teu rival se retrasa á hora de facer o reto, o mellor que podes facer é retalo ti e mandarlle un BB-mail avisándoo de que tendes encontro, que acepte canto antes. Isto vai tanto para locais como para visitantes. Se o problema persiste, é entón cando se recurre ao foro, ou aos organizadores, avisando do problema para que se tomen medidas.

Se o teu rival ten outro amigábel concertado, entón tes que avisar aos organizadores (polo foro ou BB-mail) canto antes do problema e agardar a súa resposta. Se a resposta dos organizadores tarda demasiado, bastará cun post no fío e xa poderás buscar outro amigábel para non perder o adestramento.

Agradecemos sempre que se deixe unha marxe de cortesía, xa que o rival puido ter calquera problema para conectarse, ou simplemente se lle pasou. As cotas están marcadas así para ter un tempo suficiente de reacción, pero realmente o amigábel se pode concertar ata a tarde do mércores, polo que o risco de perder o adestramento é pequeno. Sempre que se poida é de agradecer que agardedes un chisquiño máis polos vosos rivais!

Premio

Esta tempada estamos que o tiramos. Por primeira vez temos premio, e que premio!!!

Pase VIP para o Fogar de Breogán (42300.1), que inclúen:

- Reservado ó carón do lume
- Barra libre para toda a vida!
- Tapas gratis para toda a vida!

Polo de agora Litur, Pepe Beltrán, Matxone e Onire acadaron o seu oco na historia dos equipos galegos... Serás ti o seguinte???

Benvidos a esta quinta Galiza Cup. Sentídevos coma na casa e pasade un bo anaco con nós. Se alguén ten algunha dúbida, suxestión ou queixa, pode dicilo neste mesmo fío ou, se o prefire, por BB-mail a min.

Unha aperta a todos e grazas pola vosa participación.

Last edited by Alexenko at 04/17/2009 23:10:10

This Post:
00
80077.4 in reply to 80077.3
Date: 03/08/2009 01:12:56
Overall Posts Rated:
891891
Historia da Galiza Cup

Se ben é certo que a andaina da Galiza Cup non é moi longa, non está de máis comezar xa a acumular os datos das edicións, e así teremos un fermoso recordo das primeiras edicións.

Primeira edición

Xa case con nostalxia podemos ollar o primeiro fío da Galiza Cup (13967.1). Mensaxe que por certo comeza cunha petición de desculpas porque daquela non se podía falar galego nos foros... Que cabreo collera...

Unha primeira edición que foi montada un pouco sobre a marcha, pero que ao final saíu bastante ben, a única pega que tivo é que quedou bastante xente fora... Unha mágoa. Afortunadamente agora xa comezamos co formato definido, e temos a experiencia destas edicións na organización, que nos axuda a evitar erros.

Campión --> Litur – Chorima Basket – (75749)
Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Final --> (3997474)


Segunda edición

Esta segunda edición xa foi bastante máis doada dende a organización, primeiro pola experiencia adquirida na primeira edición, e segundo pola colaboración na organización que prestou Litur. Se ve que lle colleu apego á Galiza Cup que non se puido librar dela. Tamén temos no arquivo o enlace ao fío, (31544.1)

Edición que ampliou un chisco máis o formato, pero inda así insuficiente. Foi outro erro máis para o saco da experiencia. Tamén foi a edición na que se implantou o método dos enchufados.

Campión --> Pepe Beltrán - Jericho B.C. – (75692)
Subcampión --> Kelepol – Celtics de Coia – (76267)
Final --> (6230309)

I Cunca dos Labregos

En paralelo a segunda edición da Galiza Cup, naceu esta outra competición coa idea inicial de dar cabida a aqueles equipos que non tiveron sitio na GC. Nesta primiera participación formáronse dous grupos de catro equipos que loitaron por convertirse nos primeiros en levarse o trofeo.

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> cruiss - C.B. Skalda - (42876)
Final --> (6054980)


Terceira edición

Esta edición pasará case que de seguro á historia da Galiza Cup por ser a edición dos comités. E é que foron moitos os encontros que deron problemas, e en cada un deles houbo unha investigación e unha resolución. Á marxe dos problemas no peche dalgúns encontros, hai que salientar que de novo nesta edición se ampliou o formato, ata un total de 40 equipos participantes, incluíndo os 8 enchufados. Tamen hai que salientar a colaboración impagábel de Litur. Como non, conservamos o enlace ao fío, (45869.1).

Campión --> Matxone - Juanito Caminante - (76841)
Subcampión --> Kelepol - Celtics de Coia - (76267)
Final --> (8249241)

II Cunca dos Labregos

De novo se leva a cabo a Cunca dos Labregos, dando entrada, nesta ocasión, aos mellores equipos que quedaron fora da primeira fase da GC e aos equipos que non puideron entrar dos que todavía estaban xogando a Copa. A final por un despiste tivo que xogarse na temporada seguinte.

Campión --> Natx0 - Celta de Vigo - (77726)
Subcampión --> -noel- - Chikichikies - (76872)
Final --> (10363766)

Last edited by Alexenko at 03/08/2009 17:03:44

This Post:
00
80077.5 in reply to 80077.4
Date: 03/08/2009 01:13:50
Overall Posts Rated:
891891
Cuarta edición

Sen dúbida, a cuarta edición da Galiza Cup cheira a estabilidade. Por primeira vez non se tocou o formato (para algo que nos funciona ben!), nin houbo moito choio para o comité... Ains... Que tranquilidade. A Galiza Cup xa comeza a coller ese cariz familiar e fogareño que tanto nos gusta. Unha vez máis, Litur de "chapeaux". Tamén se podería salientar o primeiro intento de incorporar a Galiza Cup nunha "Supercopa de España" que ao final non se levou a cabo. Gardamos o enlace no arquivo, por se algún nostálxico quere repasar aqueles días de gloria (59976.1).

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> Miki_zar - Chacaritas Team- (76515)
Final --> (10652380)

III Cunca dos Labregos

Seguindo a mesma liña que na segunda edición, de novo 16 equipos buscaron levarse o trofeo cara as súas vitrinas. De novo moita emoción entre aqueles equipos que non puideron seguir adiante na GC.

Campión --> Mjorgan - Garfunkel - (76866)
Subcampión --> jpergom - Diplococo Team - (26057)
Final --> (10648338)

Last edited by Alexenko at 04/05/2010 17:04:53

This Post:
00
80077.6 in reply to 80077.5
Date: 03/08/2009 01:14:14
Overall Posts Rated:
891891
Clasificación Histórica por Galiza Cup Stats

Equipo ------------------------------------- GCStats
Chorima Basket ------------------------------- 241
Celtics de Coia -------------------------------- 240
Galiza Celtics ---------------------------------- 207
Maure Team ----------------------------------- 180
Labazadas in Your Face S.A. ---------------- 179
Universidad de Cambre ---------------------- 174
Chacaritas Team ------------------------------ 154
Lavacolla B.C ---------------------------------- 139
Corrichos --------------------------------------- 138
Touland Trail Blazers -------------------------- 131
Ktulu -------------------------------------------- 119
Cans de Palleiro ------------------------------- 118
Bergondo Sperm Whales --------------------- 116
C.B. Sotonera --------------------------------- 112
Raxo City -------------------------------------- 112
Forza Breo ------------------------------------- 111
Gallegos Medievais ---------------------------- 111
Jericho B.C ------------------------------------- 110
Irmandades da fala NG ----------------------- 105
Tropa do Carallo -------------------------------- 91
Juanito Caminante ----------------------------- 90
Ferrol Destroyers ------------------------------- 86
Ourense Bulls ------------------------------------ 86
An Pensado -------------------------------------- 73
C.B. Skalda --------------------------------------- 70
Stas ke si ----------------------------------------- 63
Los Putos Amos --------------------------------- 59
Noel ----------------------------------------------- 58
Natx0 --------------------------------------------- 58
C.B. Todoporelaro ------------------------------- 57
Diplococo Team ----------------------------------- 56
Xubia Basket -------------------------------------- 54
Muradan ------------------------------------------- 54
Carracillo ------------------------------------------- 49
Viña Costeira -------------------------------------- 46
Rastapastovic ------------------------------------- 43
Garfunkel ------------------------------------------- 42
St. Gallen Club ------------------------------------- 38
Henricovic ------------------------------------------ 36
Escairón --------------------------------------------- 35
Chantada Octopus -------------------------------- 34
Breogan --------------------------------------------- 28
CastelaoGZ ----------------------------------------- 27
Los Mantas ----------------------------------------- 27
Outeiro ---------------------------------------------- 26
nandotas77 ----------------------------------------- 26
Dubert C.B. ----------------------------------------- 26
Celta Corcores ------------------------------------- 26
Calvario Mavericks --------------------------------- 20
Rio Sor C.S. ----------------------------------------- 15
AnubiS ----------------------------------------------- 15
Pequeno lars ---------------------------------------- 14
Burgas Basket --------------------------------------- 14
Xanita Basket ---------------------------------------- 5
Orense Heat ------------------------------------------ 5
Castreloswolf Changas ------------------------------ 5
C.B. Vila de Meira ------------------------------------- 5
L.A. Chaikers ------------------------------------------ 5
LeiteRíoBreogan --------------------------------------- 5
Leite Ron Breogan ------------------------------------- 5
Celta Vigo Urban --------------------------------------- 5
¡¡ Viva el Rey !! ---------------------------------------- 5
C.B. Rabadense ---------------------------------------- 5
Os Millo Lakers ------------------------------------------ 5
Liberation ------------------------------------------------ 2
Roiko --------------------------------------------------- (-10)
Markosevic -------------------------------------------- (-10)

Last edited by Alexenko at 03/27/2009 01:55:53

This Post:
00
80077.7 in reply to 80077.6
Date: 03/08/2009 01:14:29
Overall Posts Rated:
891891
Galiza Cup Stats

De seguido teredes unha lista ca cantidade de Galiza Cup Stats que se obteñen por cada acción!

Inscribirse ----------------------------------------------> 20
Enchufados que seguen na Copa -------------------> 15
Non Retar ----------------------------------------------> -10
Non Aceptar o Reto -----------------------------------> -10
Partido Gañado na 1ª Liguilla -------------------------> 3
Partido Perdido na 1ª Liguilla -------------------------> 2
Clasificarse Liguilla como 1º ---------------------------> 6
Clasificarse Liguilla como 2º ---------------------------> 4
Partido Gañado na 2ª Liguilla -------------------------> 5
Partido Perdido na 2ª Liguilla -------------------------> 3
Clasificarse Liguilla como 2º ---------------------------> 10
Semifinalista da GC ------------------------------------> 25
Subcampión da GC ------------------------------------> 35
Campión da GC -----------------------------------------> 50

*Nota: Engadimos dúas novidades.

1.- O que ata o de agora era Inscribirse e Participación pasa a ser só Inscribirse, para premiar aos equipos que se anoten pero por algún motivo non cheguen a participar. Os equipos que se inscriban e, tendo praza no torneo, non se presenten só recibirán 5 puntos por este concepto.

2.- Para premiar os equipos que duren de máis na Copa e non poidan participar na Galiza Cup, daremos 15 puntos extras para os que non poidan entrar por desputar a Copa. Agardamos así que non queden atrás na Clasificación Historica, para vindeiras edicións.

Last edited by Alexenko at 03/20/2009 22:44:09

This Post:
00
80077.8 in reply to 80077.7
Date: 03/08/2009 01:16:24
Overall Posts Rated:
891891
ENQUISA

Varias son as novidades que nos plantexamos para esta nova edición. Xa que contamos ca posa presenza no torneo, tamén queremos contar ca vosa opinión para tomar a decisión final.

Supercopas y Superligas

Como xa se falara na pasada edición, había varias propostas sobre a mesa para facer competicións a nivel estatal. Resumo brevemente as propostas:

- Supercopa de España

A idea consistía en coller aos gañadores dos principais torneos e enfrontalos ata obter un gañador, e que ese gañador se enfrontase ao gañador da Copa (oficial) para obter un gañador global.

- Superliga

Se cadra máis enrevesada, o formato consistía en que varios equipos (sen datos seguros) participasen nunha competición con formato de liga para obter un campeón, con PlayOffs, e ascensos e descensos para renovar os equipos.

Dende a organización consideramos que o mellor para nós e para a Galiza Cup é non participar neste tipo de competicións. Principalmente polo tema das datas, como sabedes co formato actual, e xogando a final da Galiza Cup na primeira xornada dos PlayOff, tan só restarían dúas semanas para levar a cabo estas competicións. Retrasar o inicio da Galiza Cup para participar nestes eventos significaría que moitos equipos quedarían fóra, e, sinceiramente, paréceme excesivo que teñan que pagar tantos equipos o prezo dun só billete para unha Supercopa.

Tamén hai que reseñar que os equipos que xogasen a Superliga non poderían participar na Galiza Cup pola incompatibilidade das datas, e que a Superliga non ofrece ningún tipo de garantía para os equipos clasificados que duren na Copa.

Desempate na Clasificación das Liguillas cos "Non Presentados"

Realmente cremos que o sistema funciona moi ben, o único "problema" que apareceu ata o de agora foi que a clasificación se pode facer inxusta cando hai equipos que non se presenta. A nosa proposta é a seguinte:

1.- Sen W.O. (Non presentados), a clasificación se seguirá facendo como ata o de agora.

2.- Cando hai W.O. (un ou máis), os criterios de desempate serían os seguintes:
- Número de vitorias
- Menos W.O.
- Criterio usual de desempate
- Se hai dous equipos empatados a vitorias e a W.O., entón se miraría o resultado particular do seu encontro (se o hai).
- Se hai dous equipos empatados a vitorias e a W.O., e non hai encontro particular, mirarase a diferencia de puntos global.
- Se hai máis de dous equipos empatados a vitorias e a W.O., entón mirarase a diferencia de puntos global.
- En caso de empate total, decidirase por sorteo o gañador.

Exemplo sinxelo:

1 vs 2 --> 25 - 0 (WO de 2)
3 vs 4 --> 100 - 90

1 vs 3 --> 50 - 100
2 vs 4 --> 130 - 80

1 v 4 -- 100 - 90
2 v 3 -- 25 - 0 (WO de 3)

Clasificación polo método vello

Equipo 2 --- 2 vitorias --- 1 derrota --- (+50)
Equipo 3 --- 2 vitorias --- 1 derrota --- (+35)
Equipo 1 --- 2 vitorias --- 1 derrota --- (-15)
Equipo 4 --- 0 vitorias --- 3 derrota --- (-70)

Co método vello, terían preferencia para pasar á seguinte rolda os dous equipos cun W.O. por diante do equipo que xogou todos os seus encontros.

Clasificación polo método novo

Equipo 1 --- 2 vitorias --- 1 derrota --- (-15)
Equipo 2 --- 2 vitorias --- 1 derrota --- (+50) (1 WO)
Equipo 3 --- 2 vitorias --- 1 derrota --- (+35) (1 WO)
Equipo 4 --- 0 vitorias --- 3 derrota --- (-70)

Co novo método, o equipo que xogou cumpliu cos tres compromisos ten preferencia sobre os outros dous equipos que empatan a vitorias con el.

*Nota: O desempate entre os dous equipos cun W.O. faríase da seguinte maneira:

1.- Empate a vitorias
2.- Empate a W.O.
3.- Non hai encontro particular, polo tanto tense en conta a diferencia global

En principio este método deberiámolo implantar para esta edición para evitar problemas que xa tivemos no pasado, tan só é para verificar que a medida ten aceptación.

This Post:
00
80077.9 in reply to 80077.8
Date: 03/08/2009 01:18:18
Overall Posts Rated:
891891
Nomear os Grupos

Ata o de agora, os grupos chamámolos "Grupo 1, 2,...". Coido que estaría ben amenizar un pouco a estética da competición engadindo nomes de grandes persoeiros galegos aos grupos, ou nomes de grandes símbolos ou emblemas da nosa nación. Imaxinádevos:

No Grupo "Estrella Galicia" as cousas están que arden, namentres que no Grupo Castelao" as cousas xa están totalmente decididas. Admítense suxestións sobre nomes para os grupos (hai 12, malo será!), queixas e demáis.

Como vedes, esta medida non ten máis relevancia que adornar a Galiza Cup. Tanto se se acepta coma se non, non ha de trocar moito a competición.

Participar na Enquisa

Todos os que participáchedes nalgunha edición da Galiza Cup tendes dereito a participar nesta enquisa. Os que inda non participáchedes na Galiza Cup, teredes que agardar a novas enquisas para participar. Por favor, os que participedes na enquisa, seguide o seguinte formato:

Supercopa --> Si/Non
Superliga --> Si/Non
Desempate W.O. --> Si/Non
Nome dos Grupos --> Si/Non
Suxestións dos nomes --> (O que vos pete!)
(Se tendes máis suxestións tamén as podedes comentar, todo se estudará!)

Grazas pola vosa colaboración!

From: Oyagun

This Post:
00
80077.10 in reply to 80077.9
Date: 03/08/2009 12:36:48
Ktulu
II.4
Overall Posts Rated:
9595
Second Team:
Ktulu II
Pois eu apúntome ao torneo, e outro día con máis tempo a ver se podo facer a enquisa.
Oyagun Ktulu (76884) III.9

From: kelepol

This Post:
00
80077.11 in reply to 80077.10
Date: 03/08/2009 12:52:35
Overall Posts Rated:
11
apuntome coma sempre...kelepol. Celtics de Coia.A enkisa coma oyagun, deixoa para mais tarde