BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup XIX

[GAL] Galiza Cup XIX

Set priority
Show messages by
This Post:
00
233811.1
Date: 12/27/2012 18:41:42
Overall Posts Rated:
891891
GALIZA CUP XIX

Nova tempada, nova edición da Galiza Cup. Unha tempada máis a nosa raíña volve para demostrar que segue sendo o mellor torneo do mundo BB. Ni ACBB, nin Copa de España, nin a Masters B3, o trofeo que todo equipo quere acadar fala galego e viste un vestido branco cunha franxa diagonal azul. Tes o que hai que ter para se-lo novo campión?

E os que tamén voltan son os lacazáns de Litur, Miki e a nosa derradeira incorporación, Sozap, ós que lles debo tempada tras tempada o meu agradecemento por facer que isto siga sendo posíbel. Moitas grazas rapaces, sen vós isto non sería o mesmo.

Tamén vos quero recordar que, na conferencia Axuda - Galego, tendes aberto o noso furancho, O Fogar de Breogán (42300.1), onde estades convidados todos a tomar algo e compartir lume e anécdotas. Os participantes da Galiza Cup teñen todo gratis, a ver se esperta un pouco a comunidade galega e comentamos como nos vai. Tamén vos recordo que temos alí o fío de LA-Galego (88747.1), onde poderedes comentar calquera aspecto sobre a nosa lingua no BB.

Participantes

Non nos imos pór estrictos agora, non? Coma sempre, para participar o único que fai falla é apuntarse. Non é necesario ser supporter, pois os encontros xóganse os xoves, o días dos amigábeis normais. Compre dicir que a lingua oficial da organización do torneo será o galego, polo tanto é recomendábel ter un bo coñecemento do galego para non ter problemas. Obviamente non faremos discriminacións, e se alguén precisa axuda, sempre poderá pedir que lle pasemos a información en castelán por privado.

Inscripcións

Para anotarse nesta edición da Galiza Cup, o único que tes que facer é dicilo neste fío. Non se admitirán inscripcións por BB-mail, xa que dá máis choio e habería que pórse a ordenar as inscripcións. Polo tanto, a única forma de inscribirse e dicíndoo neste fío, calquera outra forma non terá validez.

Prazo de Inscripción

O prazo de inscripción comeza xa mesmo e remata o día venres 4, así que tedes unha semana para anotarvos... non o deixedes para o último momento!

This Post:
00
233811.2 in reply to 233811.1
Date: 12/27/2012 18:42:01
Overall Posts Rated:
891891
Formato do Torneo

A duración total da Galiza Cup será de 8 semanas. Como xa sabedes, na primeira fase faranse grupos de catro equipos, ca posibilidade de chegar até un máximo de 8 grupos para dar cabida a tantos equipos como sexa posíbel.

Tamén permitídeme recordarvos que temos os 8 enchufados:

Para facer que ningún equipo quedase fóra da Galiza Cup por mor de seguir na Copa de España, creamos o concepto dos 8 enchufados. Estes 8 enchufados pasarán directamente á segunda fase da Galiza Cup, e así terán unha marxe de 3 semanas máis para caer da Copa. Os 8 enchufados serán escollidos da seguinte maneira:

1.- Os equipos que sigan na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.
2.- Os equipos eliminados na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.

Desta maneira, a Galiza Cup levaríase a cabo en tres etapas.

1ª Liguilla

Nesta primeira fase faríanse tantos grupos de catro equipos como sexa posíbel, até un máximo de 8 dependendo do número de participantes. Iso si, é condición indispensábel que os grupos estean completos, non poderiamos facer ningún grupo de 3 ou 2.

Destos grupos pasarán en total 8 equipos. Dependendo do número de grupos, poden pasar máis ou menos equipos por grupo. Se hai catro grupos, pasarían o primeiro e o segundo de cada grupo. En caso de que houbese máis de catro grupos, pasarán os primeiros de grupo, e os mellores segundos ata completar o número de prazas, é dicir, ata que sexan 8 equipos. En caso de que sexan oito grupos, tan só pasarán os primeiros de cada grupo.

En caso de empate, os criterios de desempate son os seguintes, por esta orde:

1.- Menor número de NP (non presentados).
2.- BasketAverage (se son 2 equipos, o particular do seu encontro, se son máis, o global do grupo, agás no caso de non presentados, no que se contaría o enfrontamento directo entre os equipos que teñen o mesmo número de non presentados).
3.- En caso de empate total, o desempate dependerá da organización.

O sorteo realizarase tomando "cabezas de serie", polas xa antes mencionadas GCStats.

2ª Liguilla

Practicamente idéntica á primeira, e é aquí cando se "acoplan" os 8 enchufados. Catro grupos de catro equipos. Cada grupo estará composto por dous equipos enchufados, e dous equipos clasificados da primeira liguilla, todo por riguroso sorteo ao que só asistirei eu e a miña cadela se ten sorte.

En caso de que algúns dos 8 enchufados seguise disputando a Copa de España, o seu lugar sería ocupado polos seguintes enchufados dispoñibles, e despois miraríanse os mellores clasificados da primeira liguilla, tendo en conta primeiro o número de vitorias, e despois o basketaverage global. Como sei ben de que estades feitos, por se dous ou máis equipos obtivesen exactamente os mesmos números, o equipo clasificado sairía dun sorteo feito pola organización.

Nesta 2ª Liguilla, só se clasificará o campeón, polo que o boleto para a fase final estará o dobre de caro.

En caso de empate, os criterios de desempate son os seguintes, por esta orde:

1.- Menor número de NP (non presentados).
2.- BasketAverage (se son 2 equipos, o particular do seu encontro, se son máis, o global do grupo, agás no caso de non presentados, no que se contaría o enfrontamento directo entre os equipos que teñen o mesmo número de non presentados).
3.- En caso de empate total, o desempate dependerá da organización.

O sorteo realizarase tomando "cabezas de serie", tomando en primeiro lugar ós enchufados por orde de GCStats e en segundo lugar os clasificados da primeira liguilla por orde de GCStats.

Final Four

Duas semifináis entre os catro campeóns dos grupos da segunda liguiña, unha vez máis decidindo os emparellamentos por sorteo. Só un encontro e os dous gañadores pasarán á desexada final. Cabe salientar que o factor campo será por sorteo, agás que os equipos xa se atopasen con anterioridade nas Final Four, entón xogarase no campo onde non se xogou a última vez.

This Post:
00
233811.3 in reply to 233811.2
Date: 12/27/2012 18:42:16
Overall Posts Rated:
891891
Final

Debido á duración do torneo, a final ten que disputarse durante os PlayOff oficiais, polo que a data pode oscilar. Isto quere dicir que os dous finalistas terían que acordar unha data para xogar a final, xa que se un queda de 5º e outro xógase os descenso, non sería un encontro xusto. De tódolos xeitos a final sempre se podería xogar no derradeiro amigábel da tempada, cando os PlayOff xa rematasen.

Por outra banda, se os dous finalistas queren poderíase xogar ao mellor de tres encontros. Terase que falar no momento e ver o que máis lle convén aos dous equipos implicados.

Calendario

Venres 28 de decembro --> Apertura da Inscripción
Venres 4 de xaneiro --> Peche da Inscripción
Venres 4 de xaneiro --> Sorteo da 1ª Liguilla
Xoves 10 de xaneiro --> Primeiro encontro da 1ª Liguilla
Xoves 17 de xaneiro --> Segundo encontro da 1ª Liguilla
Xoves 24 de xaneiro --> Terceiro encontro da 1ª Liguilla
Verner 25 de xaneiro --> Sorteo da 2ª Liguilla
Xoves 31 de xaneiro --> Primeiro encontro da 2ª Liguilla
Xoves 7 de febreiro --> Segundo encontro da 2ª Liguilla
Xoves 14 de febreiro --> Terceiro encontro da 2ª Liguilla
Venres 15 de febreiro --> Sorteo da Final Four
Xoves 8 de febreiro --> Semifinais

Encontros

Os encontros, como xa saberedes, xogaranse os xoves, nos amigábeis. O equipo que figure como local será o encargado de retar, e o visitante deberá estar atento para aceptar o reto. O luns a mediodía a máis tardar, o reto terá que estar feito polo equipo local, e o martes ao mediodía deberá estar aceptado polo visitante. Se se incumplen as datas, se o equipo que está a agardar o solicita, o encontro lle será dado por gañado por 25 - 0 e poderá buscarse outro amigábel para non perder o adestramento. Tamén é posíbel que o que figura como visitante faga o reto, pero neste caso terá que facelo para xogar fóra da casa.

Responsabilidades nos Retos

No caso de que o reto non se peche correctamente, aquí vos deixo a mellor forma de actuar:

Se o teu rival se retrasa á hora de facer o reto, o mellor que podes facer é retalo ti e mandarlle un BB-mail avisándoo de que tendes encontro, que acepte canto antes. Isto vai tanto para locais como para visitantes. Se o problema persiste, é entón cando se recurre ao foro, ou aos organizadores, avisando do problema para que se tomen medidas.

Se o teu rival ten outro amigábel concertado, entón tes que avisar aos organizadores (polo foro ou BB-mail) canto antes do problema e agardar a súa resposta. Se a resposta dos organizadores tarda demasiado, bastará cun post no fío e xa poderás buscar outro amigábel para non perder o adestramento.

Agradecemos sempre que se deixe unha marxe de cortesía, xa que o rival puido ter problemas para conectarse. As cotas están para ter tempo suficiente de reacción, pero realmente o amigábel pódese concertar ata a tarde do mércores, polo que o risco de perder o adestramento é pequeno. Sempre que se poida é de agradecer que agardedes máis polos vosos rivais!

Se ningún dos dous equipos informa dos problemas, é posible que se dea o encontro por perdido a ámbolos dous equipos.

Premio

Seguimos arrasando co agasallo, desta volta repetimos o premio habitual:

Pase VIP para o Fogar de Breogán (42300.1), que inclúe:

- Reservado ó carón do lume
- Barra libre para toda a vida!
- Tapas gratis para toda a vida!

Polo de agora Miki_zar por cinco veces, Onire por tres veces, Alexenko por dúas, Litur, Pepe Beltrán, Matxone, Sozap86, Miqe, Anemal, Cruiss e Barato acadaron o seu oco na historia dos equipos galegos... Serás ti o seguinte???

Benvidos a esta XIX Galiza Cup. Sentídevos coma na casa e pasade un bo anaco con nós. Se alguén ten algunha dúbida, suxestión ou queixa, pode dicilo neste mesmo fío ou, se o prefires, por BB-mail a min.

Benvidos!!!

This Post:
00
233811.4 in reply to 233811.3
Date: 12/27/2012 18:42:36
Overall Posts Rated:
891891
Historia da Galiza Cup

Xa imos acumulando bastantes edicións, e as primeiras edicións xa se ven con certa lonxanía, pero no noso arquivo non se perde nada ;).

Primeira edición

Xa case con nostalxia podemos ollar o primeiro fío da Galiza Cup (13967.1). Mensaxe que por certo comeza cunha petición de desculpas porque daquela non se podía falar galego nos foros... Que cabreo collera...

Unha primeira edición que foi montada un pouco sobre a marcha, pero que ao final saíu bastante ben, a única pega que tivo é que quedou bastante xente fora... Unha mágoa. Afortunadamente agora xa comezamos co formato definido, e temos a experiencia destas edicións na organización, que nos axuda a evitar erros.

Campión --> Litur – Chorima Basket – (75749)
Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Final --> (3997474)


Segunda edición

Esta segunda edición xa foi bastante máis doada dende a organización, primeiro pola experiencia adquirida na primeira edición, e segundo pola colaboración na organización que prestou Litur. Se ve que lle colleu apego á Galiza Cup que non se puido librar dela. Tamén temos no arquivo o enlace ao fío, (31544.1)

Edición que ampliou un chisco máis o formato, pero inda así insuficiente. Foi outro erro máis para o saco da experiencia. Tamén foi a edición na que se implantou o método dos enchufados.

Campión --> Pepe Beltrán - Jericho B.C. – (75692)
Subcampión --> Kelepol – Celtics de Coia – (76267)
Final --> (6230309)

I Cunca dos Labregos

En paralelo a segunda edición da Galiza Cup, naceu esta outra competición coa idea inicial de dar cabida a aqueles equipos que non tiveron sitio na GC. Nesta primiera participación formáronse dous grupos de catro equipos que loitaron por convertirse nos primeiros en levarse o trofeo.

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> cruiss - C.B. Skalda - (42876)
Final --> (6054980)


Terceira edición

Esta edición pasará á historia da Galiza Cup por ser a edición dos comités. E é que foron moitos os encontros que deron problemas, e en cada un deles houbo unha investigación e unha resolución. Á marxe dos problemas no peche dalgúns encontros, hai que salientar que de novo nesta edición se ampliou o formato, ata un total de 40 equipos participantes, incluíndo os 8 enchufados. Tamen hai que salientar a colaboración impagábel de Litur. Como non, conservamos o enlace ao fío, (45869.1).

Campión --> Matxone - Juanito Caminante - (76841)
Subcampión --> Kelepol - Celtics de Coia - (76267)
Final --> (8249241)

II Cunca dos Labregos

De novo se leva a cabo a Cunca dos Labregos, dando entrada, nesta ocasión, aos mellores equipos que quedaron fora da primeira fase da GC e aos equipos que non puideron entrar dos que todavía estaban xogando a Copa. A final por un despiste tivo que xogarse na temporada seguinte.

Campión --> Natx0 - Celta de Vigo - (77726)
Subcampión --> -noel- - Chikichikies - (76872)
Final --> (10363766)

Cuarta edición

A cuarta edición da Galiza Cup cheira a estabilidade. Por primeira vez non se tocou o formato (para algo que nos funciona ben!), nin houbo moito choio para o comité... Ains... Que tranquilidade. A Galiza Cup xa comeza a coller ese cariz familiar e fogareño que tanto nos gusta. Unha vez máis, Litur de "chapeaux". Tamén se podería salientar o primeiro intento de incorporar a Galiza Cup nunha "Supercopa de España" que ao final non se levou a cabo. Gardamos o enlace no arquivo, por se algún nostálxico quere repasar aqueles días de gloria (59976.1).

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> Miki_zar - Chacaritas Team- (76515)
Final --> (10652380)

This Post:
00
233811.5 in reply to 233811.4
Date: 12/27/2012 18:42:56
Overall Posts Rated:
891891
III Cunca dos Labregos

Seguindo a mesma liña que na segunda edición, de novo 16 equipos buscaron levarse o trofeo cara as súas vitrinas. De novo moita emoción entre aqueles equipos que non puideron seguir adiante na GC.

Campión --> Mjorgan - Garfunkel - (76866)
Subcampión --> jpergom - Diplococo Team - (26057)
Final --> (10648338)

Quinta edición

Edición que voltou ca tradición de facer trocos. Para non perder as boas costumes, introducimos unha pequena modificación no modo de facer os desempates, para facelos máis xustos. Á marxe diso, foi unha edición que transcorreu con bastante tranquilidade, e case que o máis salientábel foi que por primeira vez na Galiza Cup unha final repetiuse, e non foi outra que a que enfrentou ós dous organizadores. Salientar tamén a ausencia da Cunca esta tempada pola paternidade de Litur. Como non, dispoñemos do fío no noso arquivo para quen desexe consultalo (80077.1).

Campión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Subcampión --> Litur – Chorima Basket – (75749)
Final --> (13048991)

Sexta edición

Nova edición da Galiza Cup, desta volta xa sen trocos. Ó fin e ó cabo, os erros van levando a solucións, e o xa se vai acadando unha rutina moi tranquila para o torneo. Primeira edición na que se repite campeón, o primeiro en acadar o segundo trofeo. Por outra banda salientar a volta da Cunca de mans de Litur, que xa pasados os primeiros meses da súa paternidade, voltou a organizar un torneo que xa ten vida e historia propia. No noso arquivo persoal tamén gardamos a ligazón da sexta edición (98064.1)

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG - (78047)
Final --> (15470149)

IV Cunca dos Labregos

Tras un ano de ausencia, voltou a Cunca dos Labregos, repetindo o formato da III edición, e dicir, 16 equipos saidos de entre os que non puideron entrar na GC e os mellores conxuntos dos 18 eliminados da primeira fase. Está claro que con cada edición a Cunca toma mais prestixio xa que a emoción e a loita por levarse o título é cada vez mais encarnizada.

Campión --> Trapall - Entreleiras - (79266)
Subcampión --> Jpergom - Diplococo Team - (26057)
Final --> (15463325)

Séptima edición

Nova edición con aires de familiaridade, tan familiar coma a axuda de Litur na organización. Se cadra o máis salientábel son os poucos problemas que houbo cos encontros que non se concertaron e que non chegou á Final Four ningún dos equipos que xa tiñan un trofeo da GC. Salientar tamén que non quedou ningún equipo inscrito fóra, agás os enchufados que duraron de máis na Copa, polo que non foi necesaria a organización da Cunca dos Labregos. E de paso engadimos outro fío máis ó noso arquivo persoal (113475.1)

Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team - (76515)
Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG - (78047)
Final --> (17912863)

Oitava edición

Edición na que cabe destacar a incorporación de Miki_zar á familia dos organizadores da Galiza Cup. Outra edición con poucos problemas nos retos, grazas en parte á boa labor de Miki ó encargarse dos retos que non marchaban. No deportivo salientar que chegaron á final os mesmos equipos ca tempada pasada, e a primeira incomparecencia a unha final, o que mermou un pouco o espectáculo do torneo. Tamén salientar que é a primeira vez que un equipo gaña dous torneos consecutivos. Xa postos arquivamos tamén na nosa biblioteca o fío da edición (125647.1).

Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team - (76515)
Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG - (78047)

This Post:
00
233811.6 in reply to 233811.5
Date: 12/27/2012 18:43:13
Overall Posts Rated:
891891

Novena edición

Sen dúbida a edición con menos problemas para a organización. Tan só un encontro o que non se disputou do total dos encontros da Galiza Cup, cortesía de Giovanella (a ovella negra da GC). Un record que sen dúbida tentaremos superar, e conseguir unha edición na que se xoguen tódolos encontros. Tamén destacábel un pequeno troco no formato, que afecta ó factor campo na Final Four. No apartado deportivo salientar un nome propio: Miki_zar. O bo de Miki non só se convertiu no encargado de ollar que os retos se cumplan, se non que se convertiu no primeiro equipo en gañar tres edicións da Galiza Cup, ademais de xeito consecutivo. De novo gardamos na nosa memoria o fío da edición (139413.1).

Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team - (76515)
Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Final --> (22975496)

Décima edición

Décima edición da Galiza Cup, na que tivemos un completo repado de case tódolos clásicos que acompañan a nosa competición. Dende o xa habitual pequeno troco nas regras, que desta volta foi un simple apunte nas regras de desempate, até un novo campionato para Chacaritas Team, pasando polas típicas investigacións nos encontros non pechados. Máis alá diso, unha décima edición que de novo gañou Miki_zar, que a este paso terá que ampliar o seu pavillón, ou máis ben a sala de trofeos. Para non perder nada, engadimos á nosa libraría persoal o vencello cara o fío desa edición (152410.1)

Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team - (76515)
Subcampión --> DunklerGeier – Ourense Bulls – (76363)
Final --> (26087904)

Undécima edición

Edición salientábel por dúas cousas e media. A primeira e que agás a apertura do torneo, toda a organización correu a cargo de Litur e Miki_zar, e como non podía ser doutro modo, todo saiu a pedir de boca. A segunda novidade é que non gañou Chacaritas o seu quinto torneo consecutivo, que xa ía sendo hora de que o botasemos de aí. A outra media novidade é que a falta de que o gañase o máis abusón, o gañou o segundo máis abusón, e así Onire acadou a súa terceira Galiza Cup. E como xa non pode ser doutro xeito, gardamos tamén o vencello da edición no noso arquivo: (160490.1)

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Final --> (29177118)

Duodécima edición

Poucas novidades na decimosegunda edición. Desta volta a organización foi compartida entre os tres de sempre, na primeira rolda o peso recaeu sobre Miki_zar e Litur, namentres que nas fases máis avanzadas Alexenko retomou a organización. Por outra banda a Galiza Cup tampouco acabou nas vitrinas de Chacaritas nin Onire, así que ningún dos abusóns oficiais da competición engrosou o seu palmarés. O que si se estreou foi Bergondo Sperm Whales, que xa está dentro do selecto grupo de gañadores dunha Galiza Cup. No arquivo gardamos tamén, como cada tempada, o vencello da XII edición da Galiza Cup (173248.1)

Campión --> Sozap86 - Bergondo Sperm Whales - (78493)
Subcampión --> Sapoconcho – Cans de Palleiro – (80236)
Final --> (32837614)

Decimoterceira edición

O retorno de rei. E si, xa tardaba pero ó final Miki acadou o seu quinto anel de campión. De novo organización compartida, cunha excelentísima labor de Miki e Litur na primeira rolda e a parte final levada por min. Outra novidade salientábel é que por primeira vez a Galiza Cup xogouse con retraso, dúas semanas concretamente. Por sorte houbo marxe abondo para xogar cada rolda sen compricacións. Coma sempre, no noso arquivo gardamos todos e cada uno dos fíos, e este non ía ser menos: (184496.1)

Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team - (76515)
Subcampión --> Cruiss – C.B. Skalda – (42876)
Final --> (36152653)

This Post:
00
233811.7 in reply to 233811.6
Date: 12/27/2012 18:43:28
Overall Posts Rated:
891891

Decimocuarta edición

Outra edición, e afortunadamente librámonos de Miki. E é que xa cando facemos o resumo do que foi a edición da Galiza Cup, sempre hai unha mención especial para Miki, que polo bo ou polo malo sempre é nova para nós. Pero el ben sabe que por aquí o queremos moito e que ten aquí o seu fogar. Cabe destacar que a nosa Raíña ten un novo campeón: Miqe. Unha andaina abraiante por toda a edición para coroarse como lexítimo campión, telo merecido. Por outra banda, tamén hai que salientar o subcampionato de Giovanella, e coido que con esta xa van 5. Por suposto, un vencello máis que engadimos o noso arquivo: (194239.1)

Campión --> Miqe - The Monty Python´s Flying Circus - (79961)
Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG - (78047)
Final --> (39448209)

Decimoquinta edición

Quince edicións, que rápido se di. E nestes xa máis de tres anos todo o que compartimos. Sen dúbida, mereceu, merece e merecerá seguir traballando para que isto poida continuar. Nesta edición cabe salientar unha cagada máis do organizador, Alexenko, que trabucouse nas contas na fase de grupos e deixou a un equipo clasificado fóra da segunda liguilla, polo que lle cedeu o seu lugar. Tamén salientábel a axuda recibida por parte de sozap86 (78493), un xa veterán da competición que se encargou da clasificación da segunda liguilla. Mil grazas pola axuda. E como non, xa que á Raíña non lle gusta repetir, e menos dende o abuso de Miki, un novo campión, Anemal, que se leva un trofeo máis que merecido. Engadimos un vencello máis o noso arquivo persoal: (203005.1)

Campión --> Anemal - Los Brincos - (78354)
Subcampión --> Miqe - The Monty Python´s Flying Circus - (79961)
Final --> (42748780)

Decimosexta edición

E na decimosexta edición apareceu un vello veterán da competición para gañar o trofeo. Cruiss, e o seu CB Skalda, voltan para México co seu primeiro trofeo. Un éxito celebrado como merecía por parte dos seareiros do club. E non foi sen sufrimento, porque era o segundo equipo con máis GCStats sen un trofeo, e despois de tantas tempadas por fin o acadou. Tamén cabe salientar que tivemos unha nova incorporación na organización. Sozap, que xa comenzara a colaborar con nós na pasada edición de forma esporádica, incorporouse oficialmente ó equipo de organizadores. Benvido langrán ;). Outro vencello máis para o noso arquivo: (211754.1).

Campión --> Cruiss - CB Skalda - (42876)
Subcampión --> Anemal - Los Brincos - (78354)
Final --> (45636570)

Decimoséptima edición
Última edición en minoría de idade do máis prestixioso torneo de BB. E como xa estamos afeitos, un novo campión acadou o trofeo. Os Famentos de Barato arrasaron ca despensa para facerse co seu primeiro título da Galiza Cup, que a ben seguro festexouse por todo o alto na sede do club. Mención especial tamén para Miki zar, outro que non dá tregua e segue acumulando fináis. Outra edición máis non podo deixar de dar as grazas os langráns que cargan comigo na organización. Xa sabedes que agardo a vosa dimisión. Engadimos tamén o vencello no arquivo, (219397.1).

Campión --> Barato - Os Famentos - (78658)
Subcampión --> Miki_zar - Chacaritas Team - (76515)
Final --> (48950968)

Last edited by Alexenko at 12/27/2012 18:43:42

This Post:
11
233811.8 in reply to 233811.7
Date: 12/27/2012 18:43:54
Overall Posts Rated:
891891

Decimooitava edición
Primeira edición en maioría de idade do máis prestixioso torneo de BB. Grazas a un terrible amaño dos sorteos, dos grupos e até do propio motor do xogo, lamento comunicar que nesta edición volveu gañar o peor langrán que hai polo torneo, o organizador Alexenko. Iso si, hai que admitir que desta volta disimulou ben porque foi Sozap o que se encargou de realizar os sorteos da Final Four para que non parecese que había gato encerrado... meus pobres, inda cren que vou deixar que o azar me xogue malas pasadas. Unha tempada máis engadimos o vencello da edición a nosa lista (227057.1).

Campión --> Alexenko - Universidad de Cambre - (75746)
Subcampión --> KiSpMc - Federación - (78420)
Final --> (52644869)

This Post:
00
233811.9 in reply to 233811.8
Date: 12/27/2012 18:44:03
Overall Posts Rated:
891891
Clasificación Histórica de Galiza Cup Stats

1 miki_zar Chacaritas Team 996
2 LA-Alexenko Universidad de Cambre 959
3 LA-Litur Chorima Basket 884
4 Onire Corrichos 861
5 Oyagun Ktulu 836
6 Sozap86 Bergondo Sperm Whales 770
7 Giovanella Irmandades da fala NG 753
8 cruiss C.B. Skalda 740
9 Sapoconcho Cans de Palleiro 590
10 DevillX Raxo City 582
11 DunklerGeier Ourense Bulls 491
12 Mige Monty Phyton 489
13 kelepol Celtics de Coia 468
14 Famento Os Famentos 437
15 Freitas Mexilons da Ría 414
16 KiSpMc Federación 404
17 Trapall Entreleiras 390
18 Feedback Panetones do Caralho 384
19 Danilo1 Lacón con Grelos 355
20 Jpergom Diplococo Team 328
21 Souto Galiza Celtics 324
22 Vartokomus Lostrego Coiense BT 270
23 kotxunaitis La Kinder del kotxudo 264
24 Anemal Los Brincos 254
25 Alex Lamela C.B. Todoporelaro 239
26 Sweet Devesa Celtics 237
27 david campos Breogan 226
28 Matxone Juanito Caminante 224
29 Misma Dreamer Teamer 223
30 Xosesinho Tropa do Carallo 212
31 Delta 10 Illas Cies 199
32 Ivanff Forza Breo 198
33 Jorg Garkunkel/Centolas Asasinas 196
34 Xoanp Xubia basket/Cacique Tean 196
35 OReiDasCanastas Labazadas in Your Face S.A. 179
36 Tonhocid Viña Costeira 173
37 GZ-xexu Maure Team 170
38 Diebro Lavacolla B.C 166
39 Platanito21 Escairón 164
40 Josevicius Penasteam 159
41 albarello-lnc Touland Trail Blazers 157
42 Traska Coiotes 156
43 Noel Chikichikies/Extreme Kings 154
44 Campesino Lugoplastica 144
45 Karakol C.B. Gran Pena 143
46 Cazador St. Gallen Club 139
47 El facass CB Muradan 132
48 Milosevic Os Millo Lakers 126
49 jd-elrile Coruña Polards 119
50 Aspas11 Charlotte Vodkas 117
51 Natx0 Celta de Vigo/Vigo Celtics 116
52 Shanty C.B. Sotonera 112
53 Hamlet29 Gallegos Medievais 111
54 Pepe Beltrán Jericho B.C 110
55 Pepevazquez01 Ourense Basket 97
56 Belen C. Basket Genius 96
57 Lafita99 Los putos amos 94
58 Martinez Calvario Mavericks 93
59 El Santo Cascarilleiros 93
60 Kako5 Dena City 89
61 Afarensis Ferrol Destroyers 86
62 Gincho Becerros de Campos 84
63 Jacks CP3 82
64 Bacilolactico Bacilo´s Team 74
65 An Pensado Pontepedriña 73
66 Davidcruz Armadillos S.A. 69
67 Coxx Dubert C.B. 68
68 Carracillo Carracillo 64
69 Sete stars Stas ke si 63
70 Deluxe Victoria Deluxe 60
71 elcadro Tojuplastica 58
72 Madmartigan C.B. Duncan 58
73 Boqueixón Independence Day 58
74 Triple T Barqueiro C.B. 49
75 Maripakis Korunha Basket 46
76 Marco605_ Atletico Peluso 2007 45
77 Crrremas Rastapastovic 43
78 Saimon12 R.C. Deportivo 43
79 Trozo Serres C.B. 42
80 realinho Barqueiro Showtimes C.B. 41
81 Henricovic PioXII CB 36
82 Johnson Waltercio Johnson's Five 31
83 Rikiller New Cambre Hornets 31
84 Zurzinho Cedeira Trail Blazers 29
85 Vlado_Gudelj Bandulhos B.C 28
86 CastelaoGZ CastelaoGZ 27
87 Michi84 Los Mantas 27
88 AndeFente Brozas C.B. 27
89 Outeiro Berenguela 26
90 nandotas77 Mesoiro Basket 26
91 Muleiro Celta Corcores 26
92 FleaDX Funky Peppers 26
93 Frikiman Cangas 26
94 Elfeca Coruña Hércules 26
95 Cernicalo89 Chantada Octopus 24
96 Frikimordor Axa Winterthur Treboada 20
97 El ingeniero Los Tanques 20
98 Luigidac Tucson C.B. 18
99 Arenazero AnubiS 15
100 SergioMuradan O´Nogal Basket Club 15
101 Solomeo CB Ourense 15
102 Os fumetas de lars Pequeno lars 14
103 Racso Burgas Basket 14
104 jaime69 Xanita Basket 5
105 garrido Orense Heat 5
106 chamallex Castreloswolf Changas 5
107 dieginho_7 C.B. Vila de Meira 5
108 candaira L.A. Chaikers 5
109 breogan LeiteRíoBreogan 5
110 deivy_57 Leite Ron Breogan 5
111 toninho Celta Vigo Urban 5
112 kikeiglesias ¡¡ Viva el Rey !! 5
113 MrMac C.B. Rabadense 5
114 jako0b0 Liberation 2
115 C.B. Lobelle Markosevic -10
116 Cuervos negros Roiko -10
117 Elx Baloncesto Ilicitano -10
118 Gaxego Teamer Dreamer -10
119 Springüich Joshuas Team -10
120 Nazareno Pulpo a galega -10

Last edited by Alexenko at 01/10/2013 07:09:50

This Post:
00
233811.10 in reply to 233811.9
Date: 12/27/2012 18:44:13
Overall Posts Rated:
891891
Galiza Cup Stats

De seguido teredes unha lista ca cantidade de Galiza Cup Stats que se obteñen por cada logro!

Inscribirse ----------------------------------------------> 20
Enchufados que seguen na Copa -------------------> 15
Non Retar ----------------------------------------------> -10
Non Aceptar o Reto -----------------------------------> -10
Partido Gañado na 1ª Liguilla -------------------------> 3
Partido Perdido na 1ª Liguilla -------------------------> 2
Clasificarse Liguilla como 1º ---------------------------> 6
Clasificarse Liguilla como 2º ---------------------------> 4
Partido Gañado na 2ª Liguilla -------------------------> 5
Partido Perdido na 2ª Liguilla -------------------------> 3
Clasificarse Liguilla como 2º ---------------------------> 10
Semifinalista da GC ------------------------------------> 25
Subcampión da GC ------------------------------------> 35
Campión da GC -----------------------------------------> 50

From: BARATO

This Post:
00
233811.11 in reply to 233811.10
Date: 12/27/2012 18:53:18
Overall Posts Rated:
185185
Apúntame!!