BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > O Fogar de Breogán

O Fogar de Breogán

Set priority
Show messages by
This Post:
00
42300.1
Date: 08/11/2008 21:33:44
Overall Posts Rated:
892892
Benvidos todos!!!

Nestas datas nas que remata unha tempada e comeza outra, decateime que non temos un lugar noso onde compartir as nosas ledicias, ou afogar as nosas penas.

Por iso mismo, a partires de hoxe, queda inaugurada a nosa Taberna, o lugar onde case todo está permitido.

Por suposto, dispoñemos de todas as bebidas da terra, dende un bo vasiño de auga do manancial que temos aquí ao lado, ata un bo licor café caseiro, pasando pola fresca cervexa do país e polo leite das nosas vacas. Tamen temos as mellores tapas do lugar para acompañar, ou petiscar para quen o queira.

Aproveitamos o parón da pretempada, e como ata o sábado non comeza a liga, esta semana podedes beber e comer a fartar que non vos costará un peso.

Así pois, quedades todos convidados a pasar e tomar algo connosco, compartir anécdotas, e desfrutar na nosa compaña. Benvido, que lle poño???

This Post:
00
42300.2 in reply to 42300.1
Date: 08/11/2008 21:34:18
Overall Posts Rated:
892892
A Despensa

"Era xa pola noitiña cando chegou á casa. Abriu a porta do patio e entrou. Parou uns momentos escoitando, mirando. Logo foi á corte e viu as vacas roendo na palla por riba do carro. As pitas no poleiro, os porcos ganindo no cortello, esperando pola calda da cea. Na eira oíanse os rapaces que brincaban entre os palleiros e os hórreos."

Xosé Fernández Ferreiro - A saga dun afíador

Tomeime a licencia de roubarlle a Xosé Fernández un parágrafo dun dos seus libros para ensinarvos a nosa despensa. Nela gardamos todos os alimentos da terra. Como vedes, temos o cortello aquí mesmo, con porcos e pitas, vacas e demáis...

Prégovos que me axudedes a facer unha lista decente das tapas, racións e comidas típicas da terra para telas listas para servir no Fogar de Breogán. Agradézovos calquera aporte, xa vou editando eu as listas.

Queixos

- Arzúa
- Cebreiro
- Fresco
- Queixo de Burra
- Queixo de Cabra
- Queixo de Ovella
- Requeixón
- San Simón
- Tetilla

Peixes e Mariscos

- Anguía
- Ameixas
- Atún
- Bacallau
- Bonito
- Calamares
- Choupas
- Centolas
- Lagostas
- Lamprea
- Linguado
- Lumbrigantes
- Meiga
- Mexillóns
- Navallas
- Ollomol
- Peixe Espada
- Percebes
- Pescada
- Polvo
- Raia
- Rabada
- Robaliza
- Rodaballo
- Salmón
- Sardiñas
- Troita
- Vieiras
- Xurelos
- Zamburiñas

Tapas e racións

- Androia
- Caldo de Nabizas, Feixóns, Grelos
- Cachelos
- Castañas
- Cocido
- Empanada de Carne, Zamburiñas, Bacallau, Chourizo, Mazá, Polbo.
- Filloas
- Grelos
- Orellas
- Pan de Bola
- Pan de Millo
- Patacas Asadas
- Patacas Bravas
- Pementos de Padrón
- Porco
- Raxo
- Terneira
- Tortilla
- Zorza

Last edited by Alexenko at 08/22/2008 21:55:31

This Post:
00
42300.3 in reply to 42300.2
Date: 08/11/2008 21:34:28
Overall Posts Rated:
892892
A Bodega

"Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espíritos das nevadas veigas.
Corvos, píntegas e meigas:
feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Ouveo do can, pregón da morte;
fociño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
verno de Satán e Belcebú,
lume dos cadaveres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernais cus,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
on este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
acabalo das súas escobas,
índose bañar na praia
das areas gordas.
¡oíde, oíde! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
orzas do ar, terra, mar e lume,
a vos fago esta chamada:
si é verdade que tendes mais poder
que a humana xente,
eigui e agora, facede cos espíritos
dos amigos que están fora,
participen con nos desta Queimada
"

"Tradición Galega"

Bueno, como ben podedes imaxinar, é aquí onde gardamos as bebidas que servimos no Fogar de Breogán. Coma antes, prégovos que me axudedes a completar unha lista decente cos produtos da terra.

Viños

- Barrantes
- Condado
- Monterrei
- Rías Baixas
- Ribeira Sacra
- Ribeiro
- Valdeorras
- Viño da Casa

Licores e augardentes

- Augardente
- Augardente de Herbas
- Augardente Tostada
- Crema de Oruxo
- Queimada
- Licor Café
- Licor de Cantarelas
- Licor de Guindas
- Licor de Herbas
- Licor de Mel
- Licor de Pera
- Licor de Oruxo
- Licor de Toxo

Outras bebidas

- Auga Fresca do Manancial
- Cervexa Estrella
- Clara
- Clara de Limón
- Leite
- Zumes

Last edited by Alexenko at 08/11/2009 19:27:48

From: Onire

This Post:
00
42300.4 in reply to 42300.3
Date: 08/12/2008 11:37:47
Corrichos
III.3
Overall Posts Rated:
7777
Espectacular!!!!

So boto en falta uns pementiños de Padrón mollados cun tinto de Barrantes ou cun blanco do Condado.

From: Alexenko

This Post:
00
42300.5 in reply to 42300.4
Date: 08/12/2008 17:33:11
Overall Posts Rated:
892892
Grazas polo aporte!

Que tomas? Xa sabes que esta semana non se paga ;).

Last edited by Alexenko at 05/05/2011 11:45:22

From: cdacf
This Post:
00
42300.6 in reply to 42300.5
Date: 08/12/2008 18:02:25
Overall Posts Rated:
00
A min faltame un bo licor de toxo!

Sempre ao caron de calquera das empanadas que hai na terra...
zamburiñas, chourizo, maza, polvo...

Last edited by cdacf at 08/12/2008 18:04:30

From: Alexenko

This Post:
00
42300.7 in reply to 42300.6
Date: 08/12/2008 18:17:46
Overall Posts Rated:
892892
Pois veña, marchando un licor de toxo, e un bo anaco de empanada de zamburiñas!

Que tal no Draft?

From: litur

This Post:
00
42300.8 in reply to 42300.7
Date: 08/12/2008 21:08:07
Overall Posts Rated:
486486
Xa que non tes viño de Mencía terei que afogar as miñas penas do draft con un grolo dun bo augardente de herbas. Pero antes sácame un par de estrelas e unha ración de polbo.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: cdacf
This Post:
00
42300.9 in reply to 42300.8
Date: 08/13/2008 07:18:37
Overall Posts Rated:
00
No draft saquei dous bos xogadores e outro q vou vender por non poder entrenalo asi q o celebrarei cun bo carneiro ao espeto e pra beber un pouquiño de barrantes (non sei se xa o dxeron)

From: kelepol

This Post:
00
42300.10 in reply to 42300.9
Date: 08/16/2008 13:02:25
Overall Posts Rated:
11
jajajaja estades coma cabras......jajajajaj. Para min unas navallas cun bo condado........jajajajja

This Post:
00
42300.11 in reply to 42300.10
Date: 08/16/2008 13:59:17
Overall Posts Rated:
892892
Para estarmos como cabras ben que pides langrán...

Marchando... E sorte a todos no comezo da liga. Veña que namentres duren os encontros todo de valde.

855 115 30.

Last edited by Alexenko at 08/26/2008 01:01:32