Parece que debido ó monopolio de Miki na Galiza Cup, o Fogar perdeu afluencia e estivo pechado por algún tempo. Pero non vos preocupedes, aquí estou eu para reflotalo co que faga falla.
¿Como vedes esta tempada? A min o draft decepcionoume bastante, no meu grupo non houbo nada potábel. Escollín de primeiro e tiña a tódolos rapaces de 18 anos vistos, e todos os de 4 e 5 balóns de calidade tamén entrevistados. Ó final tirei algo así como medio millón para sacar pouco máis que nada.
Curioso que o único drafteado bo que me saíu dende que xogo foi Julio Perera (de feito, posteárao neste fío
(42300.751)), que segue no meu equipo adestrando, xusto a tempada que escollía no decimosexto lugar. Por un tempo deixarei de investir, así alomenos me aseguro de non perder cartos. Agora xa está algo máis crecidiño, pero inda lle queda moito que adestrar para que chegue a ser o xogador que quero que sexa.
E esta tempada preséntase algo compricada. Para empezar porque esquecinme troca-los prezos do pavillón e vou perder bastantes cartos, e segundo porque xa pensaba perder cartos co equipo que teño, así que inda perderei máis. Pero bueno, pouco a pouco. Agardo que cun par de vitorias os seareiros se animen un pouco e xa veremos como vai a cousa, polo de agora unha vitoria cómoda na casa e a seguir tirando. E vós!?