Si, os cartos son todos da venda de Mir... Unha mágoa terlle que dicir adeus, pero os 80k que cobraban eran demasiado lastre para o equipo.
A verdade é que me saiu bastante mal a xogada... Eu contaba con salvarme gañando na última xornada (e quedar 5), pero o que estaba de lider perdeu na prórroga, cando a falta de 5 segundos para o final do cuarto cuarto gañaba de tres... Pero que lle vou facer, caprichos do destino.
Despois no primeiro encontro de promoción perdín na casa xogando decisivo porque o meu base titular quedou fóra no último cuarto por faltas, e co normal do meu rival xa estaba practicamente sentenciado... O do sábado foi un experimento á desesperada, pero nada, a condea xa estaba firmada.
Agora toca refacerse na IV, a ver que tal me vai ;)