Eu persoalmente estou na contra das dúas medidas...
A primeira é pola imposibilidade de xogar en campo neutral. Se se puidese, todos os encontros terían que ser en campo neutral, pero como non se pode, vai por sorteo. Facelo no campo do menor sistematicamente (habería que ver como se decide quen é o menor, porque hai equipos en IV mellores que equipos de III, e a diferenza entre equipos suplentes non adoita ser moi grande) sería forzar máis a certos equipos e regalarlle parte do choio a outros tantos. A falta de campo neutral, a min paréceme o máis xusto así.
Sobre o outro, o calendario é demasiado corto para ter máis opcións. Empezar unha semana antes implica deixar unha ducia de equipos fóra, e xogar a final durante os PO pode facer que un equipo puidese xogar cos titulares e o outro tivese que cadrar minutos porque se está a xogar o ascenso (coma neste caso, eu quedei fóra antes que litur, e podería xogar con titulares sen preocupacións, mentres que litur tería que coidar os minutos).
Por certo, dimite... xDDDDD.