O da derrota sen ver o encontro, non che sei que dicir. A 1-3-1 mata os rebotes, polo resto pareces bastante superior, pero fixeches moitísimas faltas, e foi por aí por onde coido que perdiches o encontro.
Sobre o do factor cancha, ó final da tempada ordéanse todolos equipos das dúas conferencias por número de vitorias, mellor diferencia de anotados/recibidos e finalmente, se hai empate, iría primeiro o que máis anotase. En caso de empate total, parece ser que se usa a orde alfabética (eu sempre aparezo de último na clasificación cando hai reseteo.
Sobre o ascenso por desbotificación, non sei como estará a cousa esta tempada, pero conseguirás máis socios se subes gañando os PO, así que xa sabes, deixa a GC de lado (que esta tempada xa a gaño eu

), e dálle duro á liga!