BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > O Fogar de Breogán

O Fogar de Breogán

Set priority
Show messages by
This Post:
00
42300.480 in reply to 42300.479
Date: 4/2/2009 3:37:33 PM
Overall Posts Rated:
22
Non sabría dicirche, xa que esta tempada andarei loitando por evitar os playoff de descenso. Para que te orientes, os que no partido de hoxe aparecen como suplentes son os meus titulares habituales, e os que aparecen como titulares os suplentes, exceptuando a posición de Base, na que teño 3 xogadores e o titular non está xogando.

Diríache que na miña conferencia, estarías máis ou menos en postos de playoff descenso loitando por ser 5 ou entrar nos playoff como 4. Na outra conferencia da miña liga probablemente loitarías por non ser último, e senon, preguntallo a OReiDasCanastas.

Tampouco mirei moito o teu equipo, pero me da a sensanción de que a base é boa, so necesitarias algún reforzo nalgún posto puntual.

Por exemplo, vexo que a posición de escolta tela cuberta, e as interiores non están mal. O teu ala, polo menos o que tes posto, non ten nivel pra III (polo menos visto o encontro), xa que é a miña peor posición, e está sendo dende onde máis puntos anoto no partido de hoxe.

Respecto a posición de base, non sei.

Non pretendo desmotivarte, senon todo o contrario, pero o salto de IV a III é moi forte, e, por a experiencia do meu grupo, so os equipos que veñen moi ben preparados son capaces de manterse.

This Post:
00
42300.481 in reply to 42300.480
Date: 4/2/2009 3:48:58 PM
Overall Posts Rated:
464464
Parabens por unha vitoria sinxela ( agora non te me durmas e gaña os outros 2 que quero ir para a cunca...).

A verdade a posición de Ala é a que peor teño, o de hoxe foi unha probatura pensando que ías a xogar por dentro, o ala en teoría é o que xogou hoxe de escolta pero lle falta defensa interior....

Está claro que se conseguise subir sería para pelexar por non quedar de último e manterme nos play off pero era por saber se que o meu equipo levaría moitas choscas en III e podería baixar cun balance moi esaxerado.

This Post:
00
42300.482 in reply to 42300.479
Date: 4/2/2009 5:55:47 PM
Overall Posts Rated:
892892
Chego tarde para pór esos refrescos e esa cervexiña... Agardo que a collerades vós, xa hai confianza no Fogar.

Por certo, hecatombe leva hache, e por aí tamén me pareceu ver un prognóstico sen g. Que lingua máis fermosa temos!!!

Viva o galego!!!

This Post:
00
42300.483 in reply to 42300.482
Date: 4/2/2009 8:35:12 PM
Overall Posts Rated:
464464
VIVA¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

This Post:
00
42300.484 in reply to 42300.483
Date: 4/2/2009 8:50:20 PM
Overall Posts Rated:
892892
Grande!!!

Tómate algo gratis home!!!

This Post:
00
42300.485 in reply to 42300.482
Date: 4/3/2009 1:07:59 AM
Overall Posts Rated:
22
Anoto o de hecatombe con h para a próxima vez.

This Post:
00
42300.486 in reply to 42300.485
Date: 4/3/2009 2:25:52 PM
Overall Posts Rated:
464464
Unha nova pregunta para vós os sabios do BB. Pos a venda a un xogador e como ves que puxa non enche as tuas pretensións o final da puxa o compras ti, pódese facer legalmente??? perdes algo de diñeiro???

O digo pq pareceme unha putada que ti poxes por un fulano e que logo o dono colla e suba a poxa, para iso que poña o prezo mínimo que quere por el e santas pascuas....

This Post:
00
42300.487 in reply to 42300.486
Date: 4/3/2009 2:59:33 PM
Overall Posts Rated:
892892
Podes facelo, é completamente legal. O que pasa que perdes cartos, neste caso a porcentaxe do representante.

This Post:
00
42300.488 in reply to 42300.487
Date: 4/7/2009 5:06:40 PM
Overall Posts Rated:
464464
Primeira derrota da tempada ( por certo según a miña visión bastante inxusta), o factor cancha da final se chegan os dous lideres das conferencias ¿como se fai? primeiro balance de vitorias e derrotas e en caso de empate o resultado do unico enfrontamento da tempada????
Merda xa se me fodeu iso de subir co dos bots,agora a planificar xa con mimo os play offs.................

This Post:
00
42300.489 in reply to 42300.488
Date: 4/7/2009 6:28:36 PM
Overall Posts Rated:
892892
O da derrota sen ver o encontro, non che sei que dicir. A 1-3-1 mata os rebotes, polo resto pareces bastante superior, pero fixeches moitísimas faltas, e foi por aí por onde coido que perdiches o encontro.

Sobre o do factor cancha, ó final da tempada ordéanse todolos equipos das dúas conferencias por número de vitorias, mellor diferencia de anotados/recibidos e finalmente, se hai empate, iría primeiro o que máis anotase. En caso de empate total, parece ser que se usa a orde alfabética (eu sempre aparezo de último na clasificación cando hai reseteo.

Sobre o ascenso por desbotificación, non sei como estará a cousa esta tempada, pero conseguirás máis socios se subes gañando os PO, así que xa sabes, deixa a GC de lado (que esta tempada xa a gaño eu), e dálle duro á liga!

This Post:
00
42300.490 in reply to 42300.489
Date: 4/8/2009 7:35:47 AM
Overall Posts Rated:
464464
Encántame esto do BB pq xa pasaron 5 tempadas e sigo parecendo un novato ;).
E por iso teño outra preguntiña:

E en relación co espiritu e vouvos por dous exemplos:

Os dous primeiros partidos dunha tempada os xogas en relaxado e o resto en normal, e o teu rival nos play off os xoga todos en normal, o chegar o último partido dos play off contra él existe diferenza de espiritus entre ambolos dous equipos.

A pregunta ven dada pq o espiritu vai baixando aínda que xogues en normal ata chegar o mínimo que non baixa se xogas en normal, polo que a reserva de espiritu e máis rentabel a final de tempada que o comezo ( salvo que toda a tempada xogues relaxado).

Non sei se me expliquei moi ben e a verdade non sei se estou trabucado. A ver que me dicides titores persoais¡¡¡¡

E tranqui Alexenko este ano a GZ cup xa a dou por perdida, ou sexa que toda tua.... se podes claro....
jajajaja

Advertisement