Non sabría dicirche, xa que esta tempada andarei loitando por evitar os playoff de descenso. Para que te orientes, os que no partido de hoxe aparecen como suplentes son os meus titulares habituales, e os que aparecen como titulares os suplentes, exceptuando a posición de Base, na que teño 3 xogadores e o titular non está xogando.
Diríache que na miña conferencia, estarías máis ou menos en postos de playoff descenso loitando por ser 5 ou entrar nos playoff como 4. Na outra conferencia da miña liga probablemente loitarías por non ser último, e senon, preguntallo a OReiDasCanastas.
Tampouco mirei moito o teu equipo, pero me da a sensanción de que a base é boa, so necesitarias algún reforzo nalgún posto puntual.
Por exemplo, vexo que a posición de escolta tela cuberta, e as interiores non están mal. O teu ala, polo menos o que tes posto, non ten nivel pra III (polo menos visto o encontro), xa que é a miña peor posición, e está sendo dende onde máis puntos anoto no partido de hoxe.
Respecto a posición de base, non sei.
Non pretendo desmotivarte, senon todo o contrario, pero o salto de IV a III é moi forte, e, por a experiencia do meu grupo, so os equipos que veñen moi ben preparados son capaces de manterse.