BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > O Fogar de Breogán

O Fogar de Breogán

Set priority
Show messages by
From: miki_zar

To: Foto
This Post:
00
42300.453 in reply to 42300.452
Date: 3/15/2009 10:45:02 AM
Overall Posts Rated:
464464
Ponme un auga xenko que eu pensaba que resakas como estas xa non se facían. Nova vitoria e xa van 5 seguidas tendo como gran rival no grupo a Raxo City polo que creo que pro ano pode existir outro galego en terceira. Pero quería unirme a ese bonito debate e dicir que manda carallo pq eu asemán pasada adestrei presión a bases e escoltas con 4 entrenamento completos e 2 co0n 30 e largos e non subiu ningún en nada polo que..... nin pases residual, ni defensa exterior nin nada, que fracaso..........


AUGA POR FAVOR¡¡¡¡

This Post:
00
42300.454 in reply to 42300.453
Date: 3/15/2009 11:31:17 AM
Overall Posts Rated:
22
Non te preocupes polo adestramento de presión, que según teño entendido, dos adestramentos de exteriores é dos que sube máis lento (Se me equivoco, correxídeme), sobre todo se adestras dúas posicións.

Xa veras como a próxima semana llle sobe a defensa exterior a algún.


Respecto ao debate da presión e das residuais, estou adestrando manexo, que me subiu un xogador esta semana manexo, penetración e def. exterior, e outro que adestro e que xa me subirá a pasada semana (manexo e penetración), subiu esta un nivel de def. exterior.

Unha vez acabe con este adestramente, probarei si é verdade que coa presión sube def. exterior e pases, que como teño que subir ambas características nos meus xogadores, dame igual empezar por un ou polo outro.

This Post:
00
42300.455 in reply to 42300.451
Date: 3/15/2009 1:57:52 PM
Overall Posts Rated:
892892
Uhmm, sinto meterme na conversación, pero se non entendín mal, ao adestrar presión adestranse pases como residual?

Non sintas nada, aquí as conversas son populares, que no fogar mando eu, e se non que veña algún moderador a dicirme algo...

Sobre o tema dos pases, eu estou entre dúas opcións:

1.- Ou sube unha porcentaxe ínfima de pases.
2.- Ou trocaron algo no adestramento e non avisaron.

Respecto a 1, eu coido que é case imposíbel, xa que eu estiven adestrando presión moitas moitas semanas, máis dunha tempada seguida, diría que máis de 20 semanas seguidas, pero tampouco podo determinar con precisión cantas foron , e nunca tiven unha suba de pases, o cal xa é ben difícil adestrando a 2 xogadores completos e un que apañaba...

Se é o caso de 2, pareceríame lamentábel por parte dos BB's.

This Post:
00
42300.456 in reply to 42300.454
Date: 3/15/2009 2:07:28 PM
Overall Posts Rated:
892892
Sobre o adestramento de presión, eu non sei de onde saíu o mito de que presión sube moi lento...

A miña experiencia é xusto o contrario, presión sube bastante ben. Cando comecei a adestrar presión, Mir debía ter 14 manexo, 10 penetración 7 pases e 7 defensa exterior. Subiu 3 niveis en tres semanas (debía partir dun subnivel altísimo de defensa exterior), e despois dúas subidas cada tres semanas, e nos últimos niveis unha suba cada dúas semanas.

Compre salientar que adestrei a unha posición, que Mir é baixiño (1,80 m) e que adestrou presión entre os 20 e os 21 anos.

@miki: Marchando auga fresquiña do manancial!!!!

This Post:
00
42300.457 in reply to 42300.456
Date: 3/15/2009 2:38:07 PM
Overall Posts Rated:
22
O de que o adestramento de presión é lento lino por ahí, co que non o podo asegurar.


Respecto a que cambiaran o adestramento de presión pra que se adestre pases de forma residual, podría ser, xa que tomando como guía este fío (das FAQ que algún día me porei a traducir) (55805.4), os pases só se adestran cando adestras Pases (valga a redundancia), mentras que case todas as habilidades principais, teñen un adestramento na que aparecen como residuais.

Veremos. De feito, estou tentado a cambiar o adestramento desta semana a presión a ver que pasa.


This Post:
00
42300.458 in reply to 42300.457
Date: 3/16/2009 11:47:22 AM
Corrichos
IV.49
Overall Posts Rated:
7979
Eu adestrei cinco semanas presión a bases e escoltas e non tiven ningunha subida de pases. Non me pareceu mais lento ca outros adestramentos, xa que me subiu a defensa exterior cada 2/3 semanas e tiven subidas de defensa interior e penetración.

This Post:
00
42300.459 in reply to 42300.458
Date: 3/16/2009 12:23:43 PM
Overall Posts Rated:
22
Pois será un desos mitos/lendas que circulan polos foros. Debo pois, retractarme das miñas palabras anteriores de que era un adestramento lento :D

This Post:
00
42300.460 in reply to 42300.459
Date: 3/16/2009 3:31:44 PM
Overall Posts Rated:
892892
Pois será un desos mitos/lendas que circulan polos foros. Debo pois, retractarme das miñas palabras anteriores de que era un adestramento lento

Á fogueira!!! xD

From: Alexenko

To: Foto
This Post:
00
42300.462 in reply to 42300.461
Date: 3/19/2009 12:20:11 PM
Overall Posts Rated:
892892
Na sexta mensaxe, cando falas dos partidos televisados, puxeches "siareiros". O termo correcto é seareiros.

Na derradeira mensaxe falta por sinalar unha pregunta ca negriña.

Parabéns polo traballo!!! Estás convidado a tomar algo!!!!

Advertisement