Uhmm, sinto meterme na conversación, pero se non entendín mal, ao adestrar presión adestranse pases como residual?
Non sintas nada, aquí as conversas son populares, que no fogar mando eu, e se non que veña algún moderador a dicirme algo...

Sobre o tema dos pases, eu estou entre dúas opcións:
1.- Ou sube unha porcentaxe ínfima de pases.
2.- Ou trocaron algo no adestramento e non avisaron.
Respecto a 1, eu coido que é case imposíbel, xa que eu estiven adestrando presión moitas moitas semanas, máis dunha tempada seguida, diría que máis de 20 semanas seguidas, pero tampouco podo determinar con precisión cantas foron , e nunca tiven unha suba de pases, o cal xa é ben difícil adestrando a 2 xogadores completos e un que apañaba...
Se é o caso de 2, pareceríame lamentábel por parte dos BB's.