BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > O Fogar de Breogán

O Fogar de Breogán

Set priority
Show messages by
From: miki_zar

This Post:
00
42300.412 in reply to 42300.411
Date: 2/26/2009 1:35:40 PM
Overall Posts Rated:
464464
30 minutos pra o comezo da festa do basket galego, toda Gran Vía, Praza América e Coia de abaixo ateigada de afecionados de ambolos dous equipos que enchen os diversos bares. No Carballo xa quedaron sen tortilla e no Barril as empanadillas de zamburiñas xa escasean. A cervexa está esgotandose nos bares dos aledaños pero tranquilos no Pavillón fixemos un gran acopio tanto de ouro rubio como do ouro negro ( LK).Pase o que pase esperase festa rachada na cidade Olívica poñendo o culmen a unha gran tempada dos dous equipos. ¿ como xgarán? ¿ que tácticas e que homes utilizarán? Agardemos que os adestradores fagan públicas os seus quintetos 10 minutos antes do encontro....

From: miki_zar

This Post:
00
42300.413 in reply to 42300.412
Date: 2/26/2009 1:49:32 PM
Overall Posts Rated:
464464
Incrible ambiente no Pavillón das Travesas, maioría de seguidores de Chacaritas todos coa camisa roxinegra do equipo, destacar tamén a gran cantidade e seareiros de Corrichos e a irmandade entre as duas afecións.

O grupo vigués Siniestro Total xa está no centro do Pavillón e xunto con Budiño van facer unha versión folck-rock do Himno Nacional da Galiza o Poema Queixume dos Pinos.

Xa temos confirmación oficial do quinteto de Chacaritas:

Base: Gilbert Bru
Escolta: Manuel Doriga
Alero: Vivenzo Chamizo
AP: Luis Boo
Pivot: Santi Ayerra

From: Onire

This Post:
00
42300.414 in reply to 42300.413
Date: 2/26/2009 1:54:55 PM
Corrichos
IV.49
Overall Posts Rated:
7979
Fixen a alinación o luns e se non me falla a memoria, Corrichos sae a correr e lanzar, con defensa home a home.
O cinco inical está formado por:

Alejandro Elizalde
Dámaso Aragunde
Carles Camats
Waldemar Meran
Armando Larra

From: miki_zar

This Post:
00
42300.415 in reply to 42300.414
Date: 2/26/2009 1:57:32 PM
Overall Posts Rated:
464464
Eu poste baixo e Tamén Home a Home

This Post:
00
42300.416 in reply to 42300.415
Date: 2/26/2009 2:00:23 PM
Overall Posts Rated:
22
Bueno, parece que vai ser un partido interesante, e como esta semana non reservei amigable, tivenme que facer cunha entrada na revenda :P

Esperemos que sexa un bo espectáculo.

This Post:
00
42300.417 in reply to 42300.416
Date: 2/26/2009 2:06:46 PM
Overall Posts Rated:
464464
Vaivos o partido??? a min apagón televisivo¡¡¡ xa sabía eu que istes da telegaita....

This Post:
00
42300.418 in reply to 42300.417
Date: 2/26/2009 2:09:44 PM
Overall Posts Rated:
22
Non o podo ver, o c**** que me revendeu a entrada non me dixo que estaba xusto detras dunha das columnas do pavillon. A ver se se aparece por ahí algún sitio dende onde o poida ver con calma.

Me da que esto petou e con ganas :P

From: Onire

This Post:
00
42300.419 in reply to 42300.417
Date: 2/26/2009 2:11:15 PM
Corrichos
IV.49
Overall Posts Rated:
7979
Eu estou mirando o adestramento dos veteranos do Deportivo. Espero que conecten antes do descanso.

This Post:
00
42300.420 in reply to 42300.419
Date: 2/26/2009 2:49:33 PM
Overall Posts Rated:
22
Xa atopei un lugar dende onde ver os últimos dous cuartos. No descanso :

Corrichos 47 - 40 chacaritas Team

From: miki_zar

This Post:
00
42300.421 in reply to 42300.419
Date: 2/26/2009 2:49:55 PM
Overall Posts Rated:
464464
Sete abaixo ó descanso. Valoración positiva xa que xeralmente o terceiro cuarto é o meu mellor e cuarto non soe ser malo, consideración negativa Corrichos errou moitos tiros de 3 polo que nesta segunda metade pode mellorar os seus rexistros. Espero chegar o último cuarto con opcións e a ver que pasa............

From: Onire

This Post:
00
42300.422 in reply to 42300.421
Date: 2/26/2009 3:13:17 PM
Corrichos
IV.49
Overall Posts Rated:
7979
Mantense a diferencia de sete. Vaise decidir todo no último cuarto.

Advertisement