30 minutos pra o comezo da festa do basket galego, toda Gran Vía, Praza América e Coia de abaixo ateigada de afecionados de ambolos dous equipos que enchen os diversos bares. No Carballo xa quedaron sen tortilla e no Barril as empanadillas de zamburiñas xa escasean. A cervexa está esgotandose nos bares dos aledaños pero tranquilos no Pavillón fixemos un gran acopio tanto de ouro rubio como do ouro negro ( LK).Pase o que pase esperase festa rachada na cidade Olívica poñendo o culmen a unha gran tempada dos dous equipos. ¿ como xgarán? ¿ que tácticas e que homes utilizarán? Agardemos que os adestradores fagan públicas os seus quintetos 10 minutos antes do encontro....