BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > O Fogar de Breogán

O Fogar de Breogán

Set priority
Show messages by
This Post:
00
42300.400 in reply to 42300.399
Date: 2/26/2009 7:06:33 AM
Overall Posts Rated:
892892
Non adestredes forma esta semana, que se resetea e non vai valer para nada...

Tiros libres ou resistencia son unha boa opción.

This Post:
00
42300.401 in reply to 42300.400
Date: 2/26/2009 7:47:36 AM
Overall Posts Rated:
892892
Algúns pequenos erros que atopei polo de agora:

Na introdución:

Semáns --> Semanas
De outros --> Doutros
Basadas --> Baseadas
Atopalo --> Atopar o (non sei se é obrigatorio, pero recoméndase sen contracción)
Traducción --> Tradución

Na seguinte páxina:

Qué --> Que (en galego non leva til) *dous
A venta --> Á venda
Apretalo --> Apretar o (coma antes, coido que é como mínimo recomendábel)
Ventas --> Vendas
Sí --> Si (tampouco leva til en galego)

Cousas a ter en conta:

Sí --> Si
máisbaixos --> máis baixos (comícheste un espazo)
Habilidades máis importantes que outras --> ca (a min sóame mellor así, non sei se estará ben ou non)
Influen --> Inflúen
Si nas reglas --> Se nas regras
Dudas --> Dúbidas

O que non debes facer:

Si se sube --> Se se sube
Precio --> Prezo *dous
Ademáis --> Ademais (coido que é sen til)
Amplialo --> Ampliar o
En outras --> Noutras
Sí --> Si *dous
De si se quere --> De se se quere

Adestramento:

Podese --> Pódese
Qué --> Que
Seman --> Semana
Ademáis --> Ademais
elexido --> elixido

Que adestramento escollo:

Ademáis --> Ademais
Ventaxa --> Vantaxe
Si se buscan --> Se se buscan
Caso aparte --> Caso a parte????
entrenar --> adestrar
fora --> fóra

Parabéns polo choio!!! Alguén ten que levantar o país!!! xDDDD

This Post:
00
42300.402 in reply to 42300.401
Date: 2/26/2009 9:28:16 AM
Overall Posts Rated:
22
Correxidos! Grazás pola aportación, se atopades máis erros (que fixo que os hai), avisade e tan pronto poida os corrixo

This Post:
00
42300.403 in reply to 42300.402
Date: 2/26/2009 12:19:09 PM
Overall Posts Rated:
464464
Alguén poderíame explicar como carallo funciona o buzzer control??? pq o acabo de instalar e non sei como utilizalo e parece que se lle pode sacar moito rendimento pero a verdade e que non sei moi ben como......

Onire adas conectado non si??? vouche a intentar sorprender hoxe aínda que vai ser moi complicado.....

This Post:
00
42300.404 in reply to 42300.403
Date: 2/26/2009 12:27:51 PM
Overall Posts Rated:
22
En primeiro lugar, tes que ter unha clave de acceso (vas a Perfil e pola parte de arriba apareceche "Crear/Trocar a Clave de Acceso". Esta clave será a que uses no programa.

Unha vez creada esta clave, que supoño que será onde tiñas dudas e polo que non che funcionaba, daslle a descargar ou actualizar (non o teño instalado agora mesmo e non me acordo de todo) e baixará os datos dos xogadores e do teu equipo.

Ten varias seccións e é todo bastante intuitivo, polo que si tes dudas supoño que será dunha sección específica e podrei aclararche algo máis.

De feito, teñoo descargado dende fai uns días, pero como apenas uso windows, aínda non o instalei :P

This Post:
00
42300.405 in reply to 42300.404
Date: 2/26/2009 12:32:24 PM
Overall Posts Rated:
464464
¨Si iso xa o fixen e xa vin que por exemplo fanche unha valoración xeral de todolos xogadores e individual en todalas posicións, pero a miña pregunta é saber a utilidade real do programa, e dicir, unha vez vas xogando fronte o resto dos equipos podeche axudar a ver puntos flacos ou cousas así o máis ben é pra uso persoal do teu equipo e ir vendo mais ou menos como evolucionan??

No apartado equipo no sub apartado alieación deixate facer unha alieneació dun partido pero non sei para que. E teño moitas máis dúbidas pero polo de agora deixote con istas

This Post:
00
42300.406 in reply to 42300.405
Date: 2/26/2009 12:49:13 PM
Overall Posts Rated:
22
Vou tratar de responderche do mellor xeito, aínda que a utilidade do buzzer control depende de cada un.

Pra min, o máis interesante do buzzercontrol é que permite acceder a moita información dunha maneira relativamente cómoda. Podes ver o teu equipo, as habilidades dos xogadores e incluso ver o rendemento dun xogador que ves interesante pra comprar (esto faixe na sección de xogadores, abaixo, onde podes "crear" un poñendo as habilidades).

Por outra parte, dentro do que cabe podes facer un pouco de scout dos teus rivais directamente dende el, vendo en que postos ten mellores xogadores, así como as estadísticas.

Despois, quizás, o que tiña de interesante era a sección de economía, que era bastante útil.

Pra min, o máis útil e poder modificar as fórmulas de cada posición, pra, según o criterio de un mesmo, saber que xogadores van rendir máis ou menos nunha posición concreta, o que pose ser útil a hora de facer a alineación
.
Sendo simplistas, Buzzercontrol non proporciona casi nada novo, pero si permite botar unha ollada rápida a bastantes datos distintos, o que quizais sexa mellor que andar a abrir pestanas no navegador, etc..

P.D.: Hai que ter en conta que o BuzzerControl ten pouco tempo, e que o Hattrick Control, que ten bastante máis tempo tamén ten bastantes máis opcións.

This Post:
00
42300.407 in reply to 42300.406
Date: 2/26/2009 12:53:52 PM
Overall Posts Rated:
464464
Moi interesante a túa resposta moitas grazas, xa lle vou collendo o tranganillo o que non entendo é pq dis que o máis interesante é a economía pq eu a verdade é a parte que menos utilidade lle vexo, pq o dis???? e que lle fas o scouting os teus rivais ( xa que as habilidades non as sabes)???

This Post:
00
42300.408 in reply to 42300.407
Date: 2/26/2009 1:04:49 PM
Overall Posts Rated:
22
O da economía o dixen por costume do Hattrick Control, xa que o gráfico, polo menos para min, era unha forma moi sinxela de ver como avanzaba a miña economía e de ver si tiña que tomar algunha acción paliativa.

En canto ao scouting, cando teñas datos, por que probablemente non teras, xa que estamos a comezo da tempada e non pilla os datos da anterior, cargache directamente as estadísticas dos equipos da túa liga, co que podes ir vendo que xogadores meten máis puntos, cales collen máis rebotes, etc... e pensar en cales vas poñer tí.

Vantaxe en sí respecto a web, pra min, a comodidade de ter certos datos xa cargados no programa e non ter 7/8 pestanas do navegador abertas. A única putada, que os anteriores encontros dos teus rivais telos que mirar dende a web, e soen dar a maior información.

This Post:
00
42300.409 in reply to 42300.408
Date: 2/26/2009 1:17:35 PM
Overall Posts Rated:
464464
Moitas grazas novamente, xa deixo o tema que por hoxe chegame a información. Bueno vou facer o equipo para a final da GZ CUP. Creo que as posibilidades son escasas e aínda sorprendendo a Onire coas tácticas penso que as cousas van a ser imposibels polo que.....

Alguén animase a facer unha porra???

Eu digo máis 13 para Corrichos 2-2-1-2

This Post:
00
42300.410 in reply to 42300.409
Date: 2/26/2009 1:23:26 PM
Overall Posts Rated:
22
Ok, aínda que admito que igual me expliquei algo mal, que hoxe ando medio dormido.

Respecto a porra anímome:

+5 pra Corrichos

Advertisement