Vou tratar de responderche do mellor xeito, aínda que a utilidade do buzzer control depende de cada un.
Pra min, o máis interesante do buzzercontrol é que permite acceder a moita información dunha maneira relativamente cómoda. Podes ver o teu equipo, as habilidades dos xogadores e incluso ver o rendemento dun xogador que ves interesante pra comprar (esto faixe na sección de xogadores, abaixo, onde podes "crear" un poñendo as habilidades).
Por outra parte, dentro do que cabe podes facer un pouco de scout dos teus rivais directamente dende el, vendo en que postos ten mellores xogadores, así como as estadísticas.
Despois, quizás, o que tiña de interesante era a sección de economía, que era bastante útil.
Pra min, o máis útil e poder modificar as fórmulas de cada posición, pra, según o criterio de un mesmo, saber que xogadores van rendir máis ou menos nunha posición concreta, o que pose ser útil a hora de facer a alineación
.
Sendo simplistas, Buzzercontrol non proporciona casi nada novo, pero si permite botar unha ollada rápida a bastantes datos distintos, o que quizais sexa mellor que andar a abrir pestanas no navegador, etc..
P.D.: Hai que ter en conta que o BuzzerControl ten pouco tempo, e que o Hattrick Control, que ten bastante máis tempo tamén ten bastantes máis opcións.