Non sei ben a historia de LA Thompson, pero probablemente sexa máis ou menos así:
Adestra posicións exteriores, bases e escoltas. Probablemente a primeira temporada estivo adestrando exclusivamente defensa exterior, o que nas primeiras fases non produce moi bos resultados. Supoño que xa na segunda temporada contigo xa adestrou tiro en suspensión e alcance de tiro, e tendo unha boa defensa exterior, xa habría mellorado espectacularmente o seu rendemento.
Actualmente conta posiblemente con unha das mellores defensas exteriores de toda III, xa se lle viron partidos no que acadaba unha defensa exterior excelente alta. Ademáis, sigue adestrando os exteriores por que según ten comentado lle da mantido os soldos. Por si fose pouco, co que sacou dalgunhas ventas, fichouse un pivot que é unha máquina capturando rebotes, pois no partido de playoff, xogou pouco máis de 2 cuartos e capturou 26 rebotes, a pesar de que os meus interiores bastante decentes neste aspecto.
Según o seu manager, non ten intención de ascender, pero ten un equipazo.
Nos bots, o que creo que sucede e que os mellores xogadores se poñen a venta como Free Agent, e que o equipo xoga co resto de xogadores cun Ataque Base e defensa Home a home. Aparte de que a final de tempada se produce a desbotificación :D