BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > O Fogar de Breogán

O Fogar de Breogán

Set priority
Show messages by
This Post:
00
42300.357 in reply to 42300.355
Date: 2/11/2009 9:00:43 AM
Overall Posts Rated:
22
Todo depende de se, de pasar, teñas o factor campo do teu lado ou non... Penso que se te ves con moitas posibilidades de pasar en PlayOff Normal, o fagas, que o espiritu nunca sobra.

Por outra parte, en canto que defensa xogar ante un Corre e lanzar, todo depende do que queiras arriscar. Se pos un 3-2 terás unha defensa exterior peor que se xogases 1-3-1, todo depende do que vexas mellor, conceder canastas un pouco máis fáciles e dar menos segundas oportunidades, ou viceversa, conceder menos canastas fáciles e dar máis segundas oportunidades.

Eres o que mellor coñece o teu equipo, e por tanto, que che irá mellor.

This Post:
00
42300.358 in reply to 42300.357
Date: 2/11/2009 12:33:35 PM
Overall Posts Rated:
892892
E eu tamén paso á final da Conferencia...

Estaba case que imposíble, pero o meu rival fixo algo moi raro, e saíulle caro de máis.

Non teño opción ningunha neste encontro, pero bo, polo menos cobro outra taquilla, inda que sexa de visitante menos dá un canto nos dentes!!!!

This Post:
00
42300.359 in reply to 42300.358
Date: 2/12/2009 8:02:34 AM
Overall Posts Rated:
22
Bueno, como xa dixen estou fóra dos playoffs, co que ata a próxima tempada, quitando o draft e a planificación da próxima tempada, que depende do draft, non teño moito que facer. Para máis INRI, quédame por saber a nota dunha asignatura por saber, se a aprobo xa so me quedaría o proxecto pra rematar, senón, tería que esperar ata setembro para rematar.

Digo todo isto, por que de non porme a traballar, aparte de facer o proxecto fin de carreira, non terei moito que facer. Nestas circunstancias, tendo tempo, me plantexo cousiñas pra matar o aburrimento, unha dela sería traducir os fíos en roxo da conferencia de axuda en castelán pra poñelos nesta.

Outra cousa, que me levo tempo plantexando, son as seleccións. Sempre tiven ganas de participar nalgunha selección, en HT o vexo imposible, pero aquí, xa tiven un internacional por Andorra, e vexo máis factible facerme seleccionador dalgún pais pequeno, ou integrar parte dunha candidatura nunha selección máis grande. O problema, e que se me ánimo, necesitaría axuda, polo que poño isto aquí para ver se alguén ten este gusanillo ou pra que digades que son un pringao e que deixe de soñar.

¿Qué opinades? :P

This Post:
00
42300.360 in reply to 42300.359
Date: 2/12/2009 10:52:18 AM
Overall Posts Rated:
892892
Eu coido que necesitas atopar moza urxentemente... xDDDDD.

O de traducir estaría moi moi ben, o que pasa que tamén está o de que neste foro non hai ninguén con "poderes", polo que non sei como se podería facer o de pór o fío en vermello.

O das seleccións, dáte conta que é algo que che vai levar traballo dabondo...

Non é o mesmo ter un xogador na selección, que ter que andar pendente de 20, de que os mánagers os manteñan en forma, que leven o adestramento... Eu persoalmente non me metería niso, pero bo, se tempo e gañas...

This Post:
00
42300.361 in reply to 42300.360
Date: 2/12/2009 11:28:04 AM
Overall Posts Rated:
464464
Bufff falando de seleccións e todo, jajajaja, bueno se necesitas unha man ( pequena) pois farase o que se poida.

Teño dúas preguntas:

O que eliminou a Ourense Bulls foi LA THOMPSON equipo co cal compartín un par de anos no meu grupo, o primeiro o fixo fatal e o seguinte arrasou e dende ese ascenso non deixa de subir e agora está cerquiña de ter opcións de subir a segunda. ¿ como é posibel tal progreso? ¿ moi bos drafts a causa dunha gran inversión? ¿ moi bo adestrador?, e que pareceme incrible tanto progreso ( co que estame a costar a min sair do pozo de V que pareceme que desta tampouco vai ser...).

Por outra banda, cando un equipo convertese en bot os nomes dos xogadores non cambian verdade? pero que fai o motor, resetear todolos valores dos xogadores os valores iniciais?¿?¿?

This Post:
00
42300.362 in reply to 42300.361
Date: 2/12/2009 11:36:51 AM
Overall Posts Rated:
892892
O de que lle vaia tan ben, supoño que será cuestión de saber algo que os demáis non sabemos...

Mira LA-Leyendinha, pasou de V á ACBB en nada...

Cando un equipo se converte en bot non sei moi ben o que pasa... Coido que saen á venda os seus mellores xogadores como Free Agents, pero non teño moita idea... :S

This Post:
00
42300.363 in reply to 42300.360
Date: 2/12/2009 12:38:21 PM
Overall Posts Rated:
22
O de botar moza estaría ben, pero é pouco factible...

O de poñer os fíos en vermello, xa llo preguntara a Mod-Fotocopiator (se non me equivoco) e me dixo que tiña que facelo e despois que avisará a algún GM pra que o puxera en vermello, que son os únicos que o poden facer.

O da selección, a miña intención sería, de ser seleccionador, selo dun país pequeno, no que o obxetivo é gañar o maior número de partidos posibles, e intentar perder por pouca diferencia. Non me vexo capacitado pra levar ningunha selección potente, e menos a española. Sei que require moito traballo, pero se nalgún momento a corto prazo vou ter tempo, será agora.

This Post:
00
42300.364 in reply to 42300.361
Date: 2/12/2009 12:48:35 PM
Overall Posts Rated:
22
Non sei ben a historia de LA Thompson, pero probablemente sexa máis ou menos así:

Adestra posicións exteriores, bases e escoltas. Probablemente a primeira temporada estivo adestrando exclusivamente defensa exterior, o que nas primeiras fases non produce moi bos resultados. Supoño que xa na segunda temporada contigo xa adestrou tiro en suspensión e alcance de tiro, e tendo unha boa defensa exterior, xa habría mellorado espectacularmente o seu rendemento.

Actualmente conta posiblemente con unha das mellores defensas exteriores de toda III, xa se lle viron partidos no que acadaba unha defensa exterior excelente alta. Ademáis, sigue adestrando os exteriores por que según ten comentado lle da mantido os soldos. Por si fose pouco, co que sacou dalgunhas ventas, fichouse un pivot que é unha máquina capturando rebotes, pois no partido de playoff, xogou pouco máis de 2 cuartos e capturou 26 rebotes, a pesar de que os meus interiores bastante decentes neste aspecto.
Según o seu manager, non ten intención de ascender, pero ten un equipazo.

Nos bots, o que creo que sucede e que os mellores xogadores se poñen a venta como Free Agent, e que o equipo xoga co resto de xogadores cun Ataque Base e defensa Home a home. Aparte de que a final de tempada se produce a desbotificación :D

This Post:
00
42300.365 in reply to 42300.362
Date: 2/12/2009 12:53:47 PM
Overall Posts Rated:
22
Bueno, o exemplo de LA-Leyendinha penso que non ten comparación, pois debe ser das persoas que mellor entende este xogo. Comparandoo con HT, equipararíao a Torn_, que, cando era supporter estiven un tempo na sua federación e non vexas como se raiaba facendo estadísticas pra entender de forma máis precisa o funcionamento do motor do xogo...

De feito, de como facía os analisis non o entendía moito, eu so me preocupaba de enterarme un pouco das conclusións :D

This Post:
00
42300.366 in reply to 42300.364
Date: 2/12/2009 2:07:41 PM
Overall Posts Rated:
892892
Un respecto eh, que eu tamén teño unha boa defensa exterior!!!!!!!

Voulle dar ao licor café que é o único que me entende...

This Post:
00
42300.367 in reply to 42300.366
Date: 2/12/2009 2:12:01 PM
Overall Posts Rated:
22
Só dixen que tiña unha das mellores defensas de III, non dixen nada de que a túa non fose boa. Eso sí, se xogas nunha división, na que de 16 equipos, uns 12 estan feitos pra xogar cun enfoque exterior, unha defensa exterior dese estilo da moi bos resultados.

Aparte do pivot que ten, que vai dopado a hora de rebotear, por que os meus interiores non e que sexan a hostia, pero tampouco son mancos :P

E xa que estas, ponme algo pra tomar mentras miro o amigabel.

Advertisement