Bueno, como xa dixen estou fóra dos playoffs, co que ata a próxima tempada, quitando o draft e a planificación da próxima tempada, que depende do draft, non teño moito que facer. Para máis INRI, quédame por saber a nota dunha asignatura por saber, se a aprobo xa so me quedaría o proxecto pra rematar, senón, tería que esperar ata setembro para rematar.
Digo todo isto, por que de non porme a traballar, aparte de facer o proxecto fin de carreira, non terei moito que facer. Nestas circunstancias, tendo tempo, me plantexo cousiñas pra matar o aburrimento, unha dela sería traducir os fíos en roxo da conferencia de axuda en castelán pra poñelos nesta.
Outra cousa, que me levo tempo plantexando, son as seleccións. Sempre tiven ganas de participar nalgunha selección, en HT o vexo imposible, pero aquí, xa tiven un internacional por Andorra, e vexo máis factible facerme seleccionador dalgún pais pequeno, ou integrar parte dunha candidatura nunha selección máis grande. O problema, e que se me ánimo, necesitaría axuda, polo que poño isto aquí para ver se alguén ten este gusanillo ou pra que digades que son un pringao e que deixe de soñar.
¿Qué opinades? :P