BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > O Fogar de Breogán

O Fogar de Breogán

Set priority
Show messages by
This Post:
00
42300.339 in reply to 42300.338
Date: 1/30/2009 1:10:11 PM
Overall Posts Rated:
22
Sei que é normal que entre un partido e outro baixe algo o espiritu (notase sobre todo entre o partido do martes e o do sabado se non xogas copa), pero soe ser de solo un punto, así que recorde, pasar de espiritu 10 a 9 ou de 9 a 8. Baixar tanto non sei a que se debe, aínda que pode ser que a niveles altos esta caida sexa un pouco maior.

En principio, se xogas Relaxado, tes un bo espiritu, e o que é máis importante, gañas partidos para min non estas facendo nada mal.

Tamén hai que ter en conta se teñen efectos sobre o espiritu as victorias/derrotas ou os membros do equipo técnico (adestrador, relacións públicas) que xa non o sei :P

Aínda así, dicir que en toda a tempada ao máximo que cheguei de espiritu foi a 10, co que a nives máis altos non sei como se comporta.

This Post:
00
42300.340 in reply to 42300.339
Date: 1/30/2009 1:12:49 PM
Overall Posts Rated:
892892
Se metes máis relaxados, podes chegar a 14 ou 15, pero iso é xusto ao rematar o encontro, despois baixa moito máis. Se non estás xogando a Copa, o máximo que poderás ter o día do encontro coido que é 10.

This Post:
00
42300.341 in reply to 42300.340
Date: 2/8/2009 3:58:52 PM
Overall Posts Rated:
464464
Mira, unha preguntiña de cara os play off. Na miña conferencia o segundo e cuarto levan tempo sen conectarse polo que xogaran co equipo base, pero a motivación por defecto para os play off é play off decisivo ou normal?¿?¿?

Por outro lado se tes un espiritu de 10 e xogas o play off a nivel decisivo, ata canto baixaría?¿??¿ E igual que se utilizas partido decisivo na tempada?

From: Onire

This Post:
00
42300.342 in reply to 42300.341
Date: 2/9/2009 4:31:51 AM
Corrichos
IV.49
Overall Posts Rated:
7979
Nos play-off, a motivación por defecto é decisivo.
A baixada de entusiasmo por xogar decisivo nos play-off, é igual a de xogar normal na liga. E se xogas normal nos play-off, é coma se xogaras con calma na liga.
Ten cuidado e non te reserves para a final da GC, que a partido único pode pasar calquera cousa.

From: Alexenko

This Post:
00
42300.343 in reply to 42300.342
Date: 2/9/2009 2:04:39 PM
Overall Posts Rated:
892892
Aí, aí!!! Deportividade entre os finalistas... xD

Como dixo Onire, por defecto xogarán decisivo. O bo é que xa sabes con que xogadores vai saír, polo que se gañas claramente podes plantexarte xogar normal.

Mira ben a forma dos xogadores do teu rival, e estuda os seus puntos fortes e débiles, que xogadores meten máis puntos, e cáis tragan máis...

P.D.: Tendes un BB-mail pendente os dous ca final da GC.

From: Onire
This Post:
00
42300.344 in reply to 42300.343
Date: 2/10/2009 5:43:10 AM
Corrichos
IV.49
Overall Posts Rated:
7979
Alguén sabe se o nivel de entusiasmo, ten influencia nos amigabeis?

From: miki_zar

This Post:
00
42300.345 in reply to 42300.344
Date: 2/10/2009 7:13:39 AM
Overall Posts Rated:
464464
Eu non teño nin idea, pero se non sube nen baixa non debería de ter influencia ( teoría made in na casa)

This Post:
00
42300.346 in reply to 42300.345
Date: 2/10/2009 1:52:32 PM
Overall Posts Rated:
22
Ponme unha tila e algo pra acompañar, que senon vou acabar sen uñas :P

Que tal se plantexa o playoff por estos lares?

This Post:
00
42300.347 in reply to 42300.346
Date: 2/10/2009 2:01:34 PM
Overall Posts Rated:
892892
O meu preséntase ben fo****...

Xogo contra o campión do grupo, fóra... En principio debería perder sobradamente, pero bueno, nisto do BB nunca se sabe.

PO decisivo e a rezar!

This Post:
00
42300.348 in reply to 42300.347
Date: 2/10/2009 2:03:58 PM
Overall Posts Rated:
22
Entonces estamos na mesma situación. A ver se algún ten sorte e fai un deses EBBEA :P

This Post:
00
42300.349 in reply to 42300.348
Date: 2/10/2009 2:24:48 PM
Overall Posts Rated:
22
Eu xa me empezo a despedir dos PlayOff, que no primeiro cuarto so metín 6 puntos, e so 2 canastas en xogo 16 - 6 . E o segundo cuarto arranca de igual forma, vaia paliza me vai caer

Advertisement