Sei que é normal que entre un partido e outro baixe algo o espiritu (notase sobre todo entre o partido do martes e o do sabado se non xogas copa), pero soe ser de solo un punto, así que recorde, pasar de espiritu 10 a 9 ou de 9 a 8. Baixar tanto non sei a que se debe, aínda que pode ser que a niveles altos esta caida sexa un pouco maior.
En principio, se xogas Relaxado, tes un bo espiritu, e o que é máis importante, gañas partidos para min non estas facendo nada mal.
Tamén hai que ter en conta se teñen efectos sobre o espiritu as victorias/derrotas ou os membros do equipo técnico (adestrador, relacións públicas) que xa non o sei :P
Aínda así, dicir que en toda a tempada ao máximo que cheguei de espiritu foi a 10, co que a nives máis altos non sei como se comporta.