Home, pois a verdade é que todo xunto non o vas poder facer, pero bo.
A ver, persoalmente (e isto polo que vexo no mercado non é algo que faga moita xente), para min o base ten que ser un animal en manexo e pases, xa que a maior parte do ciclón ofensivo vai saír de aí. E persoalmente tamén penso que o ciclón ofensivo está bastante infravalorado.
Eu noto que, a pesares de que o meu ataque non supera a defensa do meu rival, fago canastras doadas por ter un base con moito manexo e pases, e un escolta que axuda ben ;).
Por outra banda tamén teño xogadores exteriores bastante animáis en defensa exterior, e estou sacando nalgúns encontros un excelente cunha táctica individual.
Está claro que todo non o podían ter, e onde claramente fracaso é no ataque exterior (e no interior tamén pero non tanto...

).
Dependendo dos cartos cos que partas, poderás fichar despois do draft a algún adestrable decente por poucos cartos, e a partir de aí facelo ao teu gusto. Os que xoguen de bases que teñan bastante manexo e pases, e o resto xa depende máis do que busques, se un escolta tirador, ou algo máis enfocado á defensa...