BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > O Fogar de Breogán

O Fogar de Breogán

Set priority
Show messages by
From: Alexenko

This Post:
00
42300.328 in reply to 42300.327
Date: 12/29/2008 1:29:22 AM
Overall Posts Rated:
892892
Non dubides que o é!!!

O fillo da miña nai só bebe o mellor do mellor!

This Post:
00
42300.329 in reply to 42300.328
Date: 12/30/2008 4:11:15 PM
Overall Posts Rated:
464464
Nova vitoria ( esta vez sufrindo unha prórroga) que serveme para acadar o liderato en solitario. A cousa vai a estar complicada para ascender¡¡¡¡ E agora que o 2009 traia unha vitoria na GZ Cup para estrear o ano. Féliz Ano a tod@s¡¡¡

This Post:
00
42300.330 in reply to 42300.329
Date: 1/3/2009 7:09:24 AM
Overall Posts Rated:
464464
Pq non hai partido este martes??? xa é o all-star???

From: natx0

This Post:
00
42300.331 in reply to 42300.330
Date: 1/3/2009 7:16:40 AM
Overall Posts Rated:
00
pois parece ser que si... asi que habera que adestrar tiros libres ou resistencia non?

From: miki_zar

This Post:
00
42300.332 in reply to 42300.331
Date: 1/15/2009 4:07:36 PM
Overall Posts Rated:
464464
Impresionante vitoria a de hoxe, nun partido desputadísimo que deixame coas opcións intactas para seguir soñando coa final four da GZ CUP, será durísimo pq estamos nun tramo vital da tempada e as rotacións notaránse pero a verdade non esperaba gañar o partido de hoxe.

This Post:
00
42300.333 in reply to 42300.332
Date: 1/29/2009 2:54:19 PM
Overall Posts Rated:
22
Boas,

podría poñerme un refresco de limón. A ver se se ánima isto que empezan a crecer as telas de araña :P

Xa que estou por aquí, ¿alguén me aconsella pra adestrar exteriores?

This Post:
00
42300.334 in reply to 42300.333
Date: 1/29/2009 8:59:35 PM
Overall Posts Rated:
892892
Veña, marchando unha limonada!!!!

E especifica un pouco máis sobre que tipo de exteriores... Bases, escoltas, alas, un pouco de todo, ofensivos, defensivos... etc...

This Post:
00
42300.335 in reply to 42300.334
Date: 1/30/2009 7:12:36 AM
Overall Posts Rated:
22
Non especifiquei por que estou en dúbidas sobre que tipo de exteriores adestrar.

Podo dicir que o meu equipo ten un xogo interior sólido, pois teño 3 xogadores interiores bastante bos e outro decentillo para cubrir minutos.

A miña idea e construir un equipo equilibrado, na que poida xogar tanto "Mirar Adentro" como "Correr e lanzar". Ademáis, na miña división case todos os equipos xogan cun enfoque exterior, polo que, ao mesmo tempo trataría de mellorar a defensa exterior.

Supoño que dito esto, o lóxico sería adestrar base e/ou escoltas, xa que aleiros, aínda que os que teño non son nada de outro mundo, voume arreglando.


This Post:
00
42300.336 in reply to 42300.335
Date: 1/30/2009 9:36:05 AM
Overall Posts Rated:
892892
Home, pois a verdade é que todo xunto non o vas poder facer, pero bo.

A ver, persoalmente (e isto polo que vexo no mercado non é algo que faga moita xente), para min o base ten que ser un animal en manexo e pases, xa que a maior parte do ciclón ofensivo vai saír de aí. E persoalmente tamén penso que o ciclón ofensivo está bastante infravalorado.

Eu noto que, a pesares de que o meu ataque non supera a defensa do meu rival, fago canastras doadas por ter un base con moito manexo e pases, e un escolta que axuda ben ;).

Por outra banda tamén teño xogadores exteriores bastante animáis en defensa exterior, e estou sacando nalgúns encontros un excelente cunha táctica individual.

Está claro que todo non o podían ter, e onde claramente fracaso é no ataque exterior (e no interior tamén pero non tanto...).

Dependendo dos cartos cos que partas, poderás fichar despois do draft a algún adestrable decente por poucos cartos, e a partir de aí facelo ao teu gusto. Os que xoguen de bases que teñan bastante manexo e pases, e o resto xa depende máis do que busques, se un escolta tirador, ou algo máis enfocado á defensa...

This Post:
00
42300.337 in reply to 42300.336
Date: 1/30/2009 10:18:33 AM
Overall Posts Rated:
22
Pois decidido, adestrarei bases e empezarei con manexo e pases, que xa o había pensado, pero non estaba seguro.

Hai pouco leera que un dos fallos que tiñamos moitos que xogabamos cun enfoque interior era o de non ter un bo nivel de ciclón ofensivo, e por tanto, non ter bos bases. Supoño que facendoo así, aparte de que me fará máis fácil a transición.

Respecto ao dos pases, coincido que quizáis sexa uha das habilidades máis infravaloradas en buzzerbeater, e de feito, ata me cheguei a plantexar adestrarllo aos meus xogadores interiores, pero descarteino por ter que adestrar a todo o equipo e se faría demasiado lento.

Graciñas :D

This Post:
00
42300.338 in reply to 42300.337
Date: 1/30/2009 10:57:49 AM
Overall Posts Rated:
464464
Moi interesante estos consellos..... Eu tamén teño un dúbida en canto o espiritu. Levo xa moitos partidos en relaxado e de feito este último encontro xogueino así e os xogadores tiñan 12 de espiritu, nembargantes hoxe fixen a alineación de cara o sábado e volven a ter 9. Hai un máximo? pq baixa tanto dende o final dun encontro ata o comezo de outro? Fago alg mal?

Advertisement